|
Publicidade Contacto Novas Internacional Opinión Arquivo Ligazóns Anteriores
|
*Quintana
di en Ponteareas que o único que sabe Fraga de vivenda é
“o que lle conta o seu amigo Pepe Castro e os especuladores
que viven baixo o amparo do PP”
Redacción,
8 de xuño
2005. “Fraga
di que non mete as mans na caixa e é certo porque as ten
ocupadas aplaudindo aos que se enchen os bolsos coa corrupción
e o amiguismo”. Mítin de Ponteareas e Anxo Quintana
debulla as súas impresións sobre a politica de
vivenda que na prática, fóra
da propaganda, defende o Partido Popular e o seu candidato.
“O
único que sabe Fraga sobre a vivenda é o que lle ten
contado o seu amigo Pepe Castro”, afirma Quintana en alusión
ao ex alcalde da vila. “O que lle ten contado Pepe Castro e
o que lle teñen contado tamén os especuladores que
nestes últimos anos teñen medrado en Galiza baixo o
amparo e a sombra do Partido Popular”, afirmou na súa
intervención o candidato nacionalista.
Quintana
contrapuxo o modelo de rexeneración democrática que
encarna o BNG coa “marea de corrupción” que se
identifica co Partido Popular. “Fraga apadriña a
corrupción. Non hai pior corrupción que pensar que
as institucións públicas, que son de todos, lle
pertencen a un. Non hai pior corrupción que tratar aos
cidadáns como vasalos. Fraga di que non mete as mans na
caixa. É certo; non as mete porque as ten demasiado
ocupadas aplaudindo aos que se enchen os bolsos coa corrupción
e co amiguismo, a toda esa tropa que ten medrado baixo o calor da
súa Administración”, acrecentou o líder
nacionalista.
A política de vivenda do BNG está
nas antípodas da do PP. “Construiremos 20.000 novas
vivendas protexidas, basicamente para a xente moza. O noso modelo
será o de Allariz. O modelo do PP é o de Pepe
Castro, especulación pura e dura. Que comparen os cidadáns
e que tiren as súas proprias conclusións”,
engadiu Quintana.
Quintana aproveitou este acto de campaña
para revelar algunha das liñas da política económica
que promoverá desde a Xunta de Galiza.
“O eixo
da política económica do Goberno nacionalista será
apostar pola criazón de riqueza e apoiar aos emprendedores.
O Goberno estará para apoiar a sociedade civil, non para
parasitala como ten feito o PP”, acrecentou. “Teño
escoitado estes días a algún conselleiro dicer que o
Goberno da Xunta ten apoiado a empresa de base familiar durante
estes anos. Fai falta ter cara!! A única empresa familiar
que apoia o PP é a Xunta de Galiza, unha empresa na que só
poden entrar familiares do Partido Popular”, denunciou
Quintana.
DADOS DE AUDIENCIA DO DEBATE
O
líder nacionalista congratulouse polos dados de audiencia
dados a coñecer hoxe pola TVG sobre o debate de onte –un
15 por cento de share, cun promedio de espectadores entorno aos
106.000.
“A miña asistencia ao debate foi un
exercicio de respeito aos cidadáns. Eu sempre cumpro a miña
palabra. Dixen que iría sen condicións e alí
estiven. Quen no asistiu terá moi difícil
explicárllelo agora aos seus votantes”, dixo
Quintana, para quen a “incomparecencia dos outros candidatos
á presidencia do Goberno representa unha clara falta de
respecto ao conxunto dos cidadáns”.
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|