ArroutadaNoticias.com!, as novas galegas na rede

Novas


Publicidade
Contacto

Novas
Internacional
Anteriores
Opinión
Foro
Arquivo
Ligazóns


*
Un manifesto pídelle ao Goberno galego a aplicación do Plan de Normalización no ensino para o curso próximo

Re
dacción 0
8 de maio 2006 Suso de Toro, Manuel Rivas, Méndez Ferrín, Luz Pozo, Alfredo Conde e Yolanda Castaño, entre os asinantes. Tras a decisión da Consellaría de Educación de non aplicar o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega para o curso próximo, A Mesa pola Normalización Lingüística promoveu esta semana o seguinte manifesto, que conta xa cos apoios que a continuación se relacionan.


O manifesto enviarase ao Presidente e Vicepresidente da Xunta, á Conselleira de Educación, á Secretaria Xeral de Igualdade e á Secretaria Xeral de Política Lingüística, ademais de a todos os deputados e deputadas do Parlamento galego.

Apoiaron este manifesto escritores como Suso de Toro, Manuel Rivas, X. L. Méndez Ferrín, Luz Pozo Garza, Alfredo Conde, Teresa Moure, Marilar Aleixandre, Antón Lopo, Agustín Fernández Paz, Lupe Gómez, Fran Alonso, Xosé Antonio Perozo, Cesáreo Sánchez Iglesias, Salvador García-Bodaño, Rosa Aneiros, María do Cebreiro, Helena Villar Janeiro, Lois Diéguez, Santiago Jaureguizar, Tucho Calvo, Xavier Queipo, Yolanda Castaño, etc. É salientábel tamén a presenza de pedagogos como Antón Costa, Teresa Núñez, Lucía Iglesias da Cunha, Narciso de Gabriel, María Salvado, Francisco Xosé Candia, Héctor Pose, María Dolores Candedo, etc. Tamén subscribiron o texto os presidentes dos movementos de renovación pedagóxica Nova Escola Galega e a Asociación Socio-Pedagóxica Galega, ademais de dirixentes das organizacións estudantís de secundaria Comités Abertos de Estudantes e Sindicato de Estudantes. O Secretario Xeral da CIG-Ensino, varios membros do secretariado do sindicato de docentes STEG, o Secretario de Ensino de Esquerda Unida e un membro da Executiva Nacional de CCOO tamén apoiaron xa a aplicación do PXNLG no ensino para o curso próximo.

Outros importantes nomes que asinaron o manifesto son Benedicto, Margarita Ledo Andión, Antón Reixa, Miguel Anxo Fernández, Arturo Casas, Manuel Lourenzo, Carme Hermida, Uxía Senlle, Camino Noia, Blanca Ana Roig Rechou, Carlos Roma, Felipe Senén, Ramón Mariño, Comba Campoy, Monti Castiñeiras, Miguel Túñez, Xurxo Lobato, Ana Isabel Boullón, Lourenzo Fernández Prieto, Xosé López, Celso Parada, Manuel Bragado, o Mago Antón, etc.

Texto do manifesto

CURSO 2006/07: APLICACIÓN DO PXNLG NO ENSINO

En setembro de 2004 aprobouse por unanimidade no Parlamento o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega (PXNLG), onde figuran as seguintes medidas:

2.1.22 Estabelecer unha oferta educativa en galego en preescolar (0-3 anos) e na educación infantil para todos os nenos e nenas galegofalantes.

2.1.23 Fixar, como mínimo, un terzo do horario semanal en galego nestas etapas educativas para os contextos e contornos nos que a lingua predominante sexa o castelán, coa intención de que esta porcentaxe se vaia incrementando progresivamente.

2.1.24 Na educación primaria, na ESO, nos bacharelatos e nos ciclos formativos, garantir que, como mínimo, o alumnado reciba o 50% da súa docencia en galego.


O acordo do bipartito sinala tamén que o Goberno galego se compromete “activamente coa efectiva e inmediata aplicación das medidas de galeguización do ensino recollidas no Plan de Normalización Lingüística aprobado unanimente polo Parlamento galego.”

As persoas que asinamos este manifesto entendemos que a sociedade galega non pode agardar máis para que se cumpran estes mínimos consensuados hai xa case dous anos e, por esa razón, solicitamos que se promulgue canto antes un novo decreto para garantir que no curso próximo se van impartir en galego as horas de docencia correspondentes. Ademais, esta nova norma legal debería ir acompañada de todo o tipo de apoio e información ao profesorado, como a opción de cursos especiais a quen os precise, a distribución de guías de recursos no noso idioma, campañas de sensibilización, etc.

Asinantes do manifesto
(Por orde alfabética do nome)

  • Adela Figueroa Panisse, catedrática de Xeoloxía / Bioloxía en secundaria
  • Agustín Fernández Paz, escritor
  • Alba Nogueira, profesora universitaria
  • Alberte Mahía Rodríguez, profesor enxeñeiro
  • Alexandre Banhos, funcionario autonómico
  • Alexandre Fernández Zaratiegui, estudante
  • Alexandre Marín, humorista gráfico
  • Alfonso Villares Barro, profesor
  • Alfredo Conde, escritor
  • Alfredo J. Amigo Pombo, profesor universitario
  • Alicia Rocha Novoa, xornalista
  • Álvaro Lago García, escritor
  • Ana Belén Ambroa Roca, licenciada en Filoloxía
  • Ana Isabel Boullón, profesora universitaria
  • Andrés Pociña Pérez, catedrático da Universidade de Granada
  • Anselmo López Carreira, historiador
  • Antía Otero, estudante e poeta
  • Antón Costa, pedagogo e profesor universitario
  • Antón Lopo, xornalista e escritor
  • Antón Reixa, cineasta e escritor
  • Antonio Rocha Fernández, construtor
  • Ánxeles Penas, escritora e escultora
  • Anxo Louzao, Secretario Xeral da CIG – Ensino
  • Anxo Regueiro López, Pas da USC
  • Anxo Sánchez García, estudante de Bacharelato
  • Aranza Barreiro Pereira, estudante
  • Arturo Casas, profesor universitario
  • Avelino Pousa Antelo
  • Baldomero Fernández Ramos, profesor e poeta
  • Benedicto García Villar, profesor
  • Bernardo Penabade, Presidente de AGAL
  • Blanca Ana Roig Rechou, profesora universitaria
  • Camilo Fernández Valdehorras, profesor universitario
  • Camino Noia, profesora da Universidade de Vigo
  • Carlos Campoy Vasques, ensinante
  • Carlos Negro, profesor e escritor
  • Carlos Outeiro Baamonde, xestor medioambiental
  • Carlos Quintiá Celaya, avogado
  • Carlos Quiroga, escritor e profesor universitario
  • Carlos Roma, presentador de TV
  • Carlos Valcárcel, profesor universitario
  • Carlos Velasco, profesor universitario
  • Carme Couceiro Gadea, responsábel de biblioteca
  • Carme Fernández-Pérez Sanjulián, profesora universitaria
  • Carme Hermida Gulías, profesora universitaria
  • Cathryn Teasley, doutorando Pedagoxía e Didáctica UDC
  • Catuxa López Pato, tradutora
  • Cecilia Novas Garrido, estudante
  • Celso Parada, actor
  • César Guzmán López, profesor de ensino secundario
  • Cesáreo Sánchez Iglesias, escritor
  • Christina Moreira, profesora
  • Clotilda Castro Rei, membro do Militante
  • Colectivo Lingoretas, de Santiago de Compostela
  • Comba Campoy, actriz
  • Concha Fernández, profesora de FP e membro do secretariado nacional do STEG
  • Cristina Felpeto García, correctora editorial
  • Cristina Rocha Novoa, agricultora
  • Cristina Zaratiegui Blasco, traballadora de Telefónica
  • Daniel Candal, estudante de secundaria
  • David Otero Fernández, escritor
  • David Teijeiro Rodríguez, administrativo
  • Dolores Díaz Rifón, profesora de ensino secundario
  • Dores Sánchez Alegre, técnica de normalización lingüística
  • Elena Rancaño Cabada, mestra de educación primaria
  • Emilio González Legaspi, ensinante
  • Ernesto Espiña Calo, administrativo
  • Eugenio Pichel López, editor
  • Euloxio Ruibal, escritor
  • Évora Barreiro Pereira, estudante
  • Felipe Senén, museólogo e historiador
  • Fernando Rodríguez Dacosta, administrativo
  • Fiz Campoy Garcia, estudante
  • Fran Alonso, escritor
  • Francisco Ferreira Lorenzo, asesor
  • Francisco Legazpi, profesor e membro do secretariado nacional do STEG
  • Francisco Peña, Presidente da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda
  • Francisco Vila Barros, fotoxornalista
  • Francisco Xosé Candia Durán, pedagogo e profesor na Escola Universitaria de Formación de Profesorado de Lugo-USC.
  • Francisco Xosé Fernández Naval, escritor
  • Fuco Xavier Barreiro Carracedo, profesor
  • Gael Román, responsábel dos Comités Abertos de Estudantes de Vigo
  • Gonzalo Brocos Fernández, xornalista
  • Gonzalo Vázquez Pazo, profesor e xornalista
  • Héctor Pose Porto, doutor en Pedagoxía e profesor na Facultade de Ciencias da Educación-UDC.
  • Helena Villar Janeiro, escritora
  • Henrique Harguindey Banet, tradutor e escritor
  • Iago Pillado Losada, estudante
  • Ignacio Allegue Lagóstena, Secretario de Medio Ambiente e Sustentabilidade de Esquerda Unida
  • Ignacio Fernández López, xeógrafo
  • Inma António Souto, actriz / escritora
  • Joaquim Ventura, crítico literario
  • Joaquín Míguez Arenas, profesor universitario
  • José Antonio López Veira, avogado
  • José Manuel Pereiro González, profesor
  • Josefa García Sánchez, profesora universitaria
  • Julia Ares Iglesias, artista plástica
  • Kristal Veiga Novoa, profesora universitaria
  • Laura Novoa Lamas, ama de casa
  • Lino Braxe, actor
  • Lois Diéguez, escritor
  • Lois López García, hostaleiro
  • Lourenzo Fernández Prieto, profesor universitario
  • Lucas Picó, responsábel en Galiza do Sindicato de Estudantes
  • Lucía Iglesias da Cunha, doutora en Pedagoxía e vicedecana na Facultade de Ciencias da Educación-USC.
  • Lucía Novas Garrido, poeta
  • Luís Álvarez Pousa, profesor universitario
  • Luís Villares, xuíz en prácticas
  • Lupe Gómez, poeta
  • Luz Pozo Garza, escritora
  • Mª Ermitas Fernández Fernández, mestra
  • Mª Luz Castro Pena, informática
  • Mª Teresa Núñez Mayán, profesora da UDC
  • Mago Antón
  • Maica Añón Vázquez, administrativa
  • Manuel Bragado, editor
  • Manuel Domínguez Rei, educador ambiental
  • Manuel Fernández Gómez, traballador de Telefónica
  • Manuel Grandal Anca, forxador retificador
  • Manuel Lourenzo, dramaturgo
  • Manuel Núñez Singala, director do SNL da USC de Santiago
  • Manuel Ramos Méndez, editor
  • Manuel Rei Romeu, ensaísta
  • Manuel Rivas, escritor
  • Manuel Sarmiento González, profesor
  • Marcos Valcárcel, escritor
  • Marga Romero Lorenzo do Val, escritora e profesora
  • Margarita Ledo Andión, directora de cinema e profesora universitaria
  • Margarita Teijeiro Ferreira, administrativa
  • María do Cebreiro, escritora
  • María Dolores Candedo Gunturiz, pedagoga e vicedecana na Facultade de Ciencias da Educación-UDC.
  • María José Barjas Cortés, actriz
  • María José Pérez Comuñas, profesora universitaria
  • María Montenegro Pérez, enxeñeira técnica agrícola
  • María Pilar Brocos Fernández, profesora universitaria
  • María Reimóndez, escritora e intérprete
  • María Salvado López, orientadora
  • María Torres Fernández, ama de casa
  • Marilar Aleixandre, escritora
  • Marta Dacosta, escritora
  • Maruxa Barrio Val, escritora
  • Mercedes Espiño Amil, profesora
  • Mercedes Pacheco Vázquez, tradutora
  • Mercedes Queixas Zas, secretaria xeral de AELG
  • Miguel Anxo Fernández, crítico de cinema
  • Miguel Anxo Seivane Gacio, empresario da construción
  • Miguel Túñez, profesor universitario
  • Miro Villar, escritor e profesor
  • Mónica Insua Patiño, profesora enxeñeira
  • Mónica Rocha Novoa, autónoma
  • Monti Castiñeiras, actor
  • Narciso de Gabriel Fernández, Catedrático de Teoría e Historia da Educación Universidade da Coruña
  • Nemésio Barxa, avogado
  • Neves Arza Arza, profesora universitaria de Ciencias da Educación
  • Olivia Fandiño Torres, investigadora na USC
  • Pablo Couceiro, libreiro
  • Pablo Seoane, Responsábel dos Comités Abertos de Estudantes en Ourense
  • Patricia Arias Chachero, profesora de ensino medio
  • Paulo Filgueiras Fachal, licenciado en Filoloxía
  • Pedro Puialto, xornalista
  • Pilar Buela, escritora e profesora
  • Pilar Ogando Riande, profesora
  • Ramiro Marier Santalices Martínez, desempregado
  • Ramom Lôpez Suevos, profesor universitario
  • Ramón Mariño Paz, profesor universitario
  • Raúl Gómez Pato, escritor
  • Raúl Pérez Grande, profesor
  • Renato Nuñez da Silva, administrativo.
  • Roberto Samartim, profesor
  • Rosa Aneiros, escritora e xornalista
  • Saleta Goy
  • Salvador García-Bodaño, escritor
  • Santiago Agra, Responsábel dos Comités Abertos de Estudantes en Compostela
  • Santiago Jaureguizar, escritor
  • Santiago Moroño Arenas, enxeñeiro de telecomunicacións
  • Séchu Sende, escritor
  • Socorro García Conde, técnica de normalización lingüística
  • Suso de Toro, escritor
  • Tensi Álvarez Folgar, Secretaria de Saúde Laboral e Medio Ambiente da Executiva Nacional de CC.OO.
  • Teresa Moure, escritora
  • Teresa Nieto Freire, arquitecta
  • Tomás González Ahoca, tradutor
  • Tucho Calvo, escritor
  • Uxía Garrido Filgueira, licenciada en educación física e profesora na Escola Universitaria de Formación de Profesorado de Lugo-USC.
  • Uxía Senlle, cantante
  • Uxío-Breogán Diéguez, historiador
  • Valentina Formoso, profesora de secundaria
  • Verónica Reñóns Gabiño, publicista
  • Victorino Pérez Prieto, profesor
  • X. Amancio Liñares Giraut, escritor
  • Xabier López López, escritor
  • Xabier Xil Xardón, estudante
  • Xan Leira, director de cinema
  • Xavier Gómez Guinovart, profesor universitario
  • Xavier Paredes Méndez, persoal de laboratorio
  • Xavier Queipo, escritor
  • Xesús Pisón, escritor
  • Xesús Rábade Paredes, escritor
  • Xesús Sanmartín Xuncal, profesor de ensino secundario
  • Xián Nieto, de VOGAL (Viveiro e Observatório de Galescolas)
  • Xoán Antón Pérez Lemal, avogado
  • Xoán Bernárdez Vilar, escritor
  • Xoán Costa Casas, Presidente da Asociación Socio-Pedagóxica Galega
  • Xoán Manuel López Eiris, administrativo
  • Xoán Xosé Fernández Abella, escritor
  • Xoán Xosé Pérez Labaca Diz, traballador da banca
  • Xosé A. Fraga, director do IES Monelos
  • Xosé Alfredo Fontán Iglesias, técnico en telecomunicacións ferroviarias.
  • Xosé Antón Martínez González, mestre
  • Xosé Antonio Pena Beiroa, economista
  • Xosé Antonio Perozo, escritor
  • Xosé Carlos López Bernárdez, escritor
  • Xosé Carlos Solla, administrativo
  • Xosé Díaz Díaz, profesor de ensino secundario
  • Xosé Emilio Vicente Caneda, Secretario Xeral de Galiza Nova
  • Xosé Henrique Costas, profesor universitario
  • Xosé Lastra Muruais, presidente de Nova Escola Galega
  • Xosé López, profesor universitario
  • Xosé Luís Méndez Ferrín, escritor
  • Xosé Manuel Núñez Seixas, profesor universitario
  • Xosé Manuel Vidal Bouzó, profesor de ensino primario (orientador)
  • Xosé Ramón Freixeiro Mato, profesor universitario
  • Xosé Xabier Ron Fernández, Secretario de Ensino de Esquerda Unida
  • Xosé Zapata, produtor de cinema
  • Xosefina Pereira Rivas, mestra
  • Xúlia Garcia Docobo, bibliotecaria
  • Xulián Maure Rivas, escritor e tradutor
  • Xulio L. Valcárcel, escritor
  • Xurxo Lobato, fotógrafo
  • Yolanda Castaño, escritora
  • Zeltia Caínzos Rodríguez, educadora social


Voltar a novas

Ver anteriores