ArroutadaNoticias.com!, as novas galegas na rede

Novas


Publicidade
Contacto

Novas
Internacional
Anteriores
Opinión
Foro
Arquivo
Ligazóns


*
UD Lavacolla entra na Historia do futbol Galego

Redacción 08 de maio 2006 Hoxe, o conxunto da UD Lavacolla entrou nos libros de ouro do fútbol galego, tivo que ser no fondo das nosas categoría, o ano do nosa estrea cando atopásemos o maior pelotazo da historia fubolística da Galiza. O conxunto santiagués, ascendido a segunda rexional dende o mes de marzo e campión o 2 de abril, completou unha tempada espectacular: 32 partidos, 31 victorias e 1 empate.

Este rexistro racha todas as marcas que a imaxinación dos que algunha vez competimos podemos reter, o equipo, tras 31 victorias, máis de 100 goles a favor e menos de 20 en contra, é o mellor en todas as estadísticas das competicións galegas deste ano e da nosa historia rexistrada, deixando escapar só dous puntos no seu derradeiro partido de Liga, fronte ao que era o segundo clasificado, e tras o partido; o outro equipo ascendido do Grupo 11 da Terceira Rexional, o Amio.

Os rexistros épicos, a superación, a revalorización da heroicidade sen focos; está presente na historia deste equipo; que loitou até o último minuto do encontro por superarse a si mesmos, fronte a un Amio de ferro, que fixo da perda de tempo a súa mellor ferramenta de traballo: o fútbol é así, e a parroquia de Amio que se desprazou a Santa Cristina de Nemenzo bañouse de cava e celebrou o ascenso polo grande... No camiño, quedou sen ascenso o Velacruz, un clube que crece ano a ano e que continuará a dar a batalla nos próximos campionatos...

Esta semana poderemos desfrutar duns minutos con estas xa, lexendas do fútbol galego... Bravo por eles!!!

Fonte: Futbolgalego.net

Voltar a novas

Ver anteriores