|
Publicidade Contacto Novas Internacional Anteriores Opinión Foro Arquivo Ligazóns
|
*Presentado
o II Premio de artigos xornalísticos normalizadores
Concello de Carballo
Redacción
08 de marzo 2006
O
alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e a concelleira de Cultura, Belén
Lendoiro, presentaron o II Premio a artigos xornalísticos normalizadores
Concello de Carballo 2006. A iniciativa, da que participa o Servizo
de Normalización Lingüística do Concello e varios medios
de comunicación, persegue promover a reflexión sobre a situación
social da lingua galega, crear espazos nos xornais para analizar a situación
social da lingua galega e promover o uso do galego na prensa escrita.
Poderán
participar neste concurso de xeito individual todas aquelas
persoas que o desexen, cun único artigo que será
inédito e deberá estar escrito en galego seguindo a
normativa oficial. As bases do concurso pódense descargar
aquí
e mais no apartado de convocatorias.
O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, manifestou que "é
importante que os proxectos pioneiros teñan continuidade e
esperemos que se supere o éxito da anterior edición".
Nesa primeira edición participaron 28 persoas, e o nivel
dos artigos foi moi elevado. Olga Patiño Abeixón e
Xurxo Fernández Carballido acadaron os dous primeiros
premios que, que se incrementan este ano na contía
económica. Ademais de publicar os artigos gañadores
do II Premio a artigos
xornalísticos normalizadores Concello de Carballo 2006,
colaboran na iniciativa A
Nosa Terra,
Diario
de Bergantiños,
La
Opinión de A Coruña,
A
Peneira,
Galicia
Hoxe,
La
Voz de Galicia,
Tempos
Novos,
e Vieiros.
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|