ArroutadaNoticias.com!, as novas galegas na rede

Novas


Publicidade
Contacto

Novas
Internacional
Anteriores
Opinión
Foro
Arquivo
Ligazóns


*A Mesa promove a creación dun Observatorio de Dereitos Lingüísticos



Redacción 06 de decembro 2005 A xunta directiva da Mesa pola Normalización Lingüística aprobou comezar as xestións para constituír un Observatorio de Dereitos Lingüísticos que vehiculice os centos de queixas por discriminacións idiomáticas que recibe cada ano esta asociación.

Co Observatorio de Dereitos Lingüísticos, A Mesa pretende dotarse dunha estrutura que, ademais de cumprir funcións de asesoramento xurídico sobre lingua a institucións e organizacións sociais, elabore relatorios anuais sobre a situación do galego, tanto no referido ao seu uso social como ao nivel de cumprimento da lexislación vixente, a niveis autonómico, estatal e internacional. Ademais, procurarase que sexa unha entidade dinámica, que propoña as modificacións legais precisas para garantir o uso normal da lingua propia.

A Mesa pola Normalización Lingüística púxose en contacto cos observatorios homólogos para os ámbitos idiomáticos basco e catalán, Behatokia e o Observatori de la Llengua, cos cales manterá unha relación privilexiada a nova entidade.



Voltar a novas

Ver anteriores