GaliciaBannerGaliciaBanner
ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Novas

Publicidade
Contacto
Novas
Internacional
Anteriores
Opinión
Foros
Arquivo
Ligazóns

*Mañá o estudantado galego irá a folga e concentrarase en diversas localidades do País

Redacción 07 de novembro de 2006 As Mocidades pola Normalización Lingüística convocan para mañá 8 de novembro un paro xeral no ensino medio demandando o cumprimento da lexislación lingüística e, de xeito especial, da Carta Europea das Linguas, ratificada no ano 2001 e que recoñece o dereito a un ensino que se vehiculice en galego con normalidade.

Aínda que desde as Mocidades da Mesa só convocan un paro, programáronse de xeito espontáneo concentracións estudantís na Coruña, Lugo, Viveiro, Arzúa, Verín, Allariz, na comarca do Morrazo, etc.

Igualmente, nalgúns centros de Ferrol e da comarca de Compostela os estudantes están a preparar outras actividades orixinais para que o día 8 de novembro non pase desapercibido para a Consellaría de Educación.

Ao longo destes días numerosas organizacións e colectivos, coma os Comités Abertos de Estudantes da Coruña (CAE), Comités Abertos de Escola e Facultade (CAF), o Movimento Defensa da Língua (MDL), etc. amosaron o seu apoio a este paro.

Desde a organización convocante agardan que se repita o éxito da mobilización convocada en anteriores cursos polo cumprimento do decreto que regula o uso dogalego no ensino, hoxe xa superado pola Lei de Normalización Lingüística, que estabelece o 50% do ensino en galego fronte ao 30% que estabelecía o citado decreto.

Voltar a novas

Ver anteriores