|
Publicidade Contacto Novas Internacional Anteriores Opinión Foro Arquivo Ligazóns
|
*Paro
Xeral contra a Lei Orgánica de Educación, 10 de
novembro nas aulas de Galiza
Redacción
07 de
novembro 2005 Galiza
Nova e os Comités
Abertos de Estudantes
chaman á mobilización o 10 de novembro, en todos os
centros de ensino medio de Galiza, cun paro a partir das 11 de
mañá seguido de concentracións
emanifestacións. O motivo é a nova Lei Orgánica
de Educación (LOE), reforma do sistema educativo proposta
polo goberno español do Partido Socialista, virá
substituir á LOCE do PP, que tanta contestación
provocou no estudantado galego.
Segundo as organizacións
convocantes o
proxecto non responde ao que desde hai tempo vimos demandando as e
os estudantes, senón que é continuísta nos
principais aspectos; o modelo non só non soluciona as
carencias do ensino público galego -que existen e son
moitas-, senón que moitas das "novidades"
introducidas son claramente regresivas.
Para Galiza Nova e
os CAE este texto recolle aspectos como:
-A educación
non está considerada un dereito social básico, e
apóstase pola privatización do ensino,
especialmente pola lexitimación dos concertos e das
subvencións continuas e millonarias ao ensino privado,
en todos os tramos. Do mesmo xeito, tampouco se garante un
finanzamento axeitado do ensino público, cunha Lei de
Finanzamento. O ensino privado, unha vez máis, é o
gran beneficiado. Sabías que en cinco das sete cidades
galegas, todas agás Pontevedra e Lugo, hoxe o ensino
privado concertado xa é maioritario a respeito do
público?
-A lei segue a ser deficiente no que atinxe
aos servizos universais. O ensino é un direito que
comprende desde as infraestructuras até os meios de
transporte, os libros de texto, etc...
-Mantéñense
as trabas para chegar á Universidade e mesmo se endurece
a antiga selectividade cunha doble criba, pois as
universidades poderán fixar os seus propios criterios de
acceso, que pode ser outra nota de corte, ou mesmo unha entrevista
individual, etc... Así, multiplícanse os obstáculos
para o alunado, como se aprobar o Bacharelato non fose
suficiente.
-Non permite ter un sistema educativo galego
propio. Así, non podemos fixar desde Galiza o noso
calendario escolar, conceder ás bolsas de estudo nen
camiñar cara a un ensino adaptado á nosa realidade
nacional.
-Mantén os itinerarios camuflados:
existirán na práctica en 4º de ESO e tamén
se poderán desdobrar aulas en distintos grupos segundo os
niveis, en perfecta continuidade coa segregación proposta
-e imposta- polo PP.
- Mantén intactos os
privilexios da relixión no ensino: a difusión da
fé relixiosa permanece como parte do currículo
escolar, xa que se mantén a asignatura de relixión
como académica e de obrigado oferecimento polos centros,
dentro do horario escolar, e obrígase ao alumnado que non a
quere estudar a ter outra asignatura; os centros privados
concertados poden impoñer o seu ideario ás/aos
alunas/os (obrigándoos a rezar, permitindo o sexismo e
separando a nenos de nenas, etc...) e o profesorado pagado pola
Administración pública controlado pola Igrexa. Nun
ensino laico, a fé relixiosa de cada quen non debería
ter cabida.
- O ensino segue a ter un funcionamento
fondamente antidemocrático. Os directores xa non
serán escollidos pola Administración, como na LOCE,
pero seguirá a ser unha elección antidemocrática,
nunha comisión nas que a terceira parte da comisión
será proposta polo Claustro de profesores, outro tercio
polo Consello Escolar e o resto membros da Administración,
quedando excluídas/os da votación as/os estudantes
de 1º e 2 de ESO. Na práctica, o Consello Escolar
queda baleirado de competencias e pouco pinta o estudantado.
Por
todo isto consideran que: O estudantado galego non poida
ficar impasíbel. Este curso, as e os estudantes do noso
país debemos demostrar na rúa a nosa rotunda
oposición a unhas reformas que agravarían o
deterioro do ensino público, mobilizándonos unha vez
máis para reclamar un ensino galego, público,
democrático e de cualidade.
En consecuencia,
exixen:
-Lei de Finanzamento adecuada ás
necesidades do ensino público -Supresión dos
concertos co ensino privado -Supresión das trabas de
acceso á universidade -Eliminación da relixión
como asignatura e dos privilexios da relixión -Xestión
democrática dos centros -Descentralización e
adaptación do ensino á realidade nacional
galega.
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|