|
Publicidade Contacto Novas Internacional Anteriores Opinión ForoNOVO!!! Arquivo Ligazóns
|
*O
BNG vai pór en coñecimento dos seus servizos
xurídicos as concesións que realice o goberno galego
en funcións e anuncia que o bipartito terá que
auditalas
Redacción,
07 de xullo 2005.
Jorquera advirte ao PP que cese nestas práticas, “ou
do contrario promoveremos unha Comisión de Investigación
no Parlamento na próxima lexislatura”. O coordenador
executivo do BNG, Francisco Jorquera, considerou hoxe “gravísimo”
o feito de que o Goberno galego en funcións se dispoña
a próxima semana a adxudicar as licenzas da radio e da
televisión dixital.
Nunha entrevista concedida esta
mañá á Televisión de Galiza, Jorquera
afirmou que “o Goberno en funcións estase a exceder
no exercicio das súas faculdades. Está a tentar
hipotecar ao Goberno futuro. Isto atenta contra os comportamentos
normais en calquer democracia minimamente asentada”.
O
coordenador executivo anunciou que o BNG vai pór en
coñecimento dos seus servizos xurídicos as
concesións que realice o Goberno galego en funcións,
non só ás que atinxen á radio e a televisión
dixitais, para esclarecer eventuais irregularidades no exercicio
das faculdades do Executivo. “E desde logo o futuro Goberno
bipartito terá que tomar medidas e auditar todo o que está
a facer o Goberno do PP en funcións”,
acrecentou.
Jorquera advirtiu seriamente ao PP que cese
nestas prácticas abusivas e avanzou que, caso de que o
partido no Goberno en funcións non as reconsidere, “o
BNG promoverá unha Comisión de Investigación
no Parlamento Galego na próxima lexislatura para depurar as
responsabilidades ás que houber lugar”.
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|