|
Publicidade Contacto Novas Internacional Anteriores Opinión ForoNOVO!!! Arquivo Ligazóns
|
*ADEGA,
CEMMA e FEG demandan da próxima Xunta un compromiso forte
polo desenvolvemento sostíbel
Redacción,
07 de xullo
2005.
Agardan que entenda a protección
ambiental como condición para o desenvolvemento.
A Asociación para a Defensa Ecolóxica de
Galiza (ADEGA),
a Coordenadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños
(CEMMA) e a Federación Ecoloxista Galega (FEG)
demandan ao PSdG-PSOE e ao BNG
que o próximo Goberno da Xunta asuma un compromiso forte
polo desenvolvemento ecoloxicamente sostíbel, como garantía
dun futuro de benestar e de calidade de vida para os galegos e
galegas.
ADEGA,
CEMMA e FEG agardan que o novo Goberno autonómico, a
diferenza do actual, entenda a protección ambiental como
unha condición necesaria para o desenvolvemento e non como
un obstáculo.
ADEGA,
CEMMA e FEG enviaron no inicio da pasada campaña electoral
a todos os candidatos á presidencia da Xunta o documento
“Un programa para a Terra. Propostas para avanzar cara a
unha Galiza sostíbel na próxima lexislatura”.
Agora piden a PSdG-PSOE e a BNG que o teñan en conta na
definición do programa que guiará a acción da
Xunta nos próximos 4 anos.
O “Programa para a
Terra” das organizacións ecoloxistas galegas
sintetízase en tres eixos:
1) Elaborar unha
auténtica Estratexia Galega de Desenvolvemento Sostíbel
con ampla participación social. Esta Estratexia ou Axenda
21 Galega debería garantir a integración real de
criterios ambientais en todas as políticas autonómicas
e procurar a ecoloxización da nosa economía.
2)
Ordenar racionalmente o territorio, o que conleva, entre
outras cousas, a creación dunha completa rede de espazos
naturais protexidos unidos por corredores ecolóxicos, a
xestión integrada do litoral, a limitación do
crecemento urbano ou a adecuación dos usos agrarios e
forestais á vocación dos solos.
3) Mellorar o
acceso á información ambiental, impulsar a
educación ambiental e fomentar a participación
da sociedade civil nos asuntos ambientais.
ADEGA, FEG e
CEMMA esixirán á nova Xunta que a próxima
sexa a primeira das lexislaturas a favor do desenvolvemento
sostíbel e que aborde decididamente os múltiples e
importantes problemas ambientais da nosa terra.
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|