|
Publicidade Contacto Novas Internacional Anteriores Opinión Foro Arquivo Ligazóns |
*Andrés Calamaro & Ariel Rot actuarán no Bilbao Live'06
Redacción 07 de xuño de 2006 A organización do Bilbao Live continúa completando o cartel dun festival que promete ser todo un acontecemento musical na capital de Bizkaia. Sen dúbida alguna, a principal noticia dentro destas novas incorporacións é a da actuación de Andrés Calamaro e Ariel Rot, que serán os cabezas de cartel da xornada do sábado.
Estos dous músicos arxentinos foron santo e seña de Los Rodríguez, unha banda vital para entender o rock español dos últimos anos. Los Rodríguez dixeron adeus no 1996 e agora, Calamaro e Rot, que nos últimos dez anos trazaron dous exitosas carreiras en solitario, volven a xuntar forzas nun concerto especial no que completarán o seu repertorio cos éxitos de Los Rodríguez e tamén cos temas máis representativos das suas carreiras en solitario. Sen dúbida, unha gran noticia para o mundo da música. Alén, tamén se incorporan ao cartel bandas da talla de Deftones, Fun Lovin’ Criminals e Blue Öyster Cult.
PROLONGACIÓN DA OFERTA DE BONOS E ENTRADAS DE DÍA
A acollida que tivo a primera edición do Bilbao Live Festival foi tan boa que xa se esgotaron os primeros 2.000 bonos que se puxeron á venda ao prezo de oferta de 75 € + gastos de distribución. Con motivo desta espectacular resposta do público, a organización prolonga esta oferta até hoxe mércores, 7 de xuño. A partir de mañá, día 8 o bono pasará a custar 100€ + gastos de distribucion.
Asimesmo, o venres, 2 de xuño, saían á venda as entradas de día aos seguintes prezos:
Xoves, 13 xullo – 40€ + gastos de distribución
Venres, 14 xullo – 50€ + gastos de distribución
Sábado, 15 xullo – 50€ + gastos de distribución
O cartel polo de agora é o seguinte aínda que quedan artistas por confirmar:
Máis info en www.bilbaolive.com.
XOVES 13 XULLO |
VENRES 14 XULLO |
SÁBADO 15 XULLO |
| Ben Harper |
GNR |
Andrés Calamaro & Ariel Rot |
| The Cult |
Deftones |
Placebo |
| The Cardigans |
Blue Öyster Cult |
The Pretenders |
| Ladytron |
Fun Lovin' Criminals |
Los Planetas |
| Ojos De Brujo |
Heavy Trash |
<<rinôçérôse>> |
| Gatibu |
Hash |
El Inquilino Comunista |
| |
|
El Columpio Asesino |
| |
|
Zodiacs |
| The MFA |
Felix Da Housecat |
Front 242 |
| Capri |
Armin Van Buuren |
Junkie XL |
| Alex Under & Paco Osuna |
Alexander Kowalski Feat Khan |
Todd Terry |
| FC Kahuna |
Vitalic |
Derrick Carter |
| Fernando Carvalho |
Robbie Rivera |
Francesco Farfa |
| |
Cristian Varela |
Silicone Soul |
| |
Matthew Dekay |
Der Dritte Raum |
| |
Markus Schulz |
Rex The Dog |
| |
John Lord Fonda |
Oxia |
| |
|
Donnacha Costello |
Voltar a novas
Ver
anteriores
|
|