|
Publicidade Contacto Novas Opinión Arquivo Ligazóns Anteriores
|
*Os
CAF contra o desfile militar do 29 de maio na Coruña
Redacción,
7 de maio
2005. Os Comités
Abertos de Escola e Faculdade
queremos poñer en coñecemento de todo o estudantado
o noso posicionamento a respeito
do desfile militar das forzas armadas españolas o próximo
29 de Maio na cidade da Coruña. O exército a día
de hoxe non é nengún axente de Paz e é o
símbolo máis claro do militarismo e a ostentación
armamentística. Ademais representa determinados valores que
non deberían ter cabida nas sociedades democráticas
como o machismo, a homofobia, a xerarquía, a falla de
sentido crítico. Ademais os exércitos perpetúan
unha orde internacional inxusta, xa que as relacións entre
os pobos non se estabelecen en pé de igualdade senón
baixo ameazas e persuasión, e as súas intervencións
militaristas disfrázanse de misións
humanitarias.
Denunciamos a actitude hipócrita do
PSOE xa que é exactamente a misma que a que tiña o
PP cando estaba no goberno, e aínda que
retirou as tropas do Iraque, non fai o mesmo coas de Afganistán
e Haití e a día de hoxe os gastos para investigación
militar supoñen o 27% nos orzamentos xerais do Estado 2005
para I+D, 5 veces máis que a investigación
sanitaria, 22 veces máis que a investigación agraria
e 33 veces máis que a oceanográfica e pesqueira
fundamentais, por outra banda, para o noso país.
Por
último salientar que a convocatoria deste desfile na cidade
da Coruña é un acto de provocación a todas/os
as/os coruñesas/es e aos galegos e galegas que participaron
en contra da guerra do Iraque e mesmo rememora as agresións
que recibiu a sociedade galega defendendo a democracia e en contra
do golpe franquista no 1936.
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|