|
Publicidade Contacto Novas Opinión Arquivo Ligazóns Anteriores
|
*Poñen
en marcha xogos de azar para financiar actividades de
normalización lingüística en Euskal
Herria
Redacción,
7 de maio
2005. O Kontseilua, ou Consello dos Organismos Sociais
do Euskara, é a coordinadora das numerosas organizacións
sociais de normalización lingüística do
euskara. A súa función é artellar esforzos e
tratar de implicar á administración e á
potente sociedade civil e económica basca en prol da
lingua.
A
súa última iniciativa de recadación de fundos
transcende á típica rifa de boletos que sortean un
premio. O Kontseilua vén de crear unha lotaría que
de xeito estábel permitirá obter recursos para poñer
en marcha proxectos en favor do euskara.
A ‘Euskal
Tonbola’ consistirá en boletos do tipo ‘raña
e gaña’ ao prezo dun euro. Poderase adquirir en bares
e establecementos públicos e os premios consistirán
en: cruceiros polo Mediterráneo, viaxes ao Caribe,
reprodutores de MP3, DVD’s, cámaras dixitais,
telefones móbeis, ceas ou fins de semana en casas de
turismo rural.
Conxuntamente co premio, en cada boleto
recóllense enunciados de compromiso individual co
euskara.
A ‘Euskal Tonbola’ iniciará a
súa andadura o 7 de maio en Buruntza, Urola Behea e Urola
Kosta, e en breve abranguerá todos os territorios de Euskal
Herria.
*Nova
tirada da web
d'A Mesa
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|