ArroutadaNoticias.com!, as novas galegas na rede

Novas


Publicidade
Contacto

Novas
Internacional
Anteriores
Opinión
Foro
Arquivo
Ligazóns


*
Galiza Nova denuncia represión no concello de Melide

Redacción 07 de marzo 2006 Galiza Nova de Melide envia un comunicado de imprensa no cal denuncia represión por parte da Alcaldesa ao tentar esta frustrar un mural que, con motivo do día Internacional das Mulleres, estaban a realizar. O mural rematouse pese a que a Alcaldesa chamou á Garda Civil para paralisar o acto. Reproducimos o comunicado a continuación:

Con motivo da celebración do 8 de Marzo; dia internacional da muller traballadora, veuse de realizar por parte de Galiza Nova, un mural que lembra esta data, na vila de Melide. Pero inda hai que non pensa que a revindicación de tal data se debe facer escoitar ben forte. Tal é o caso da Alcaldesa do PP, non electa, en Melide Anxeles Vazquez, que mentres se estaba a realiza o mural, chamou á Garda Civil para tentar disuadir aos membros de Galiza Nova e así evitar a revindicación, que non só non debera pretender evitar, senon sumarse a ela: polo cargo que ocupa e por que é unha muller, razón moi poderosa para celebrar o dia internacional da muller traballadora.

O caso é que o mural foi rematado pese a presencia da Garda Civil que amosou mais comprensión que a da Alcaldesa, coas suas maniobras ao máis puro estilo fascista.

Pero non é esta a primeira vez que a Alcaldesa non electa, acode á Garda Civil para frustar actividades aalternativas promovidas pola mocidade de Melide: o pasado entroido, negoulle a unha asociación cultural o permiso para celebrar o entroido e un concerto, por considerar que o grupo que actuaba era conflitivo, que ademais de ser veciños da vila están comezando a sua andadura no mumdo da música. Así mandou á Garda Civil, que non tiveron motivos para intervir pois todo o conflito que dicia o PP era esaxeración e mentiras para poder realizar a súa festa con osquestras de elevado custo fronte ao modesto grupo de mozos.

A Alcaldesa Angeles Vazquez non duvidará á hora de acalar toda iniciativa que non lle conveña para os seus fins partidistas, e se para iso ten que volver empregar as maneiras mais fascistas de censura e represión que coñece, non duvidará: será o tempo de marcar un numero no telefono.

Voltar a novas

Ver anteriores