|
Publicidade Contacto Novas Internacional Anteriores Opinión Foro Arquivo Ligazóns
|
*Alberto
Núñez Feijoo participará nos 'Almorzos
ON/OFF' da Coruña este xoves, 9 de marzo
Redacción
07 de marzo 2006
O Colexio de
Xornalistas, por medio da súa demarcación na Coruña,
organiza este xoves, 9 de marzo, unha nova edición dos
`Almorzos ON/OFF´ coa presenza do Presidente do Partido
Popular de Galiza, Alberto Núñez Feijoo. O acto vai
comezar ás 9.30 co encontro `OFF´, para colexiados,
para dar paso ó `ON´, a rolda de prensa de libre
acceso, ás 10.15. Coma sempre, o almorzo celebrarase na
sede da Fundación Luís Seoane na Coruña (rúa
San Francisco s/n).
Alberto
Núñez Feijoo
Alberto Núñez
Feijoo foi elexido recentemente presidente do Partido Popular de
Galiza. Será o próximo candidato do PP á
presidencia da Xunta de Galiza, tralo fin da era protagonizada por
Manuel Fraga Iribarne.
É deputado no Parlamento de
Galiza tras ter sido cabeza de lista nas últimas eleccións
pola provincia de Pontevedra, e portavoz-adxunto do Grupo
Parlamentario Popular (desde o 4 de agosto ata a actualidade). No
seu partido é membro do Comité Executivo Nacional do
Partido Popular e membro do Comité de Dirección do
Partido Popular de Galiza.
Durante o último mandato
de Fraga Iribarne foi Conselleiro de Política Territorial,
Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galiza (desde o 10 de
setembro de 2004 ata o 4 de agosto de 2005), cargo que
compatibilizou co de Vicepresidente Primeiro do goberno popular.
Na anterior lexislatura ocupou tamén o cargo de Conselleiro
de Política Territorial (entre xaneiro de 2003 e setembro
de 2004).
Anteriormente ocupou diferentes cargos na
Sociedade Estatal Correos e Telégrafos, S.A., no Insalud e
no Sergas, ademais de ter traballado na Consellería de
Agricultura, Gandería e Montes e na de Sanidade e Servicios
Sociais.
Almorzos ON/OFF
Para inscribirse
nos almorzos pódese chamar ó teléfono 981 93
56 70 ou enviar un correo electrónico a
xornalistas@xornalistas.com.
O aforo é limitado.
Os `Almorzos ON/OFF´
lévanse realizando desde febreiro de 2005, organizados polo
CPXG nas súas demarcacións de A Coruña e
Lugo. Nestes encontros cos xornalistas teñen estado
persoeiros como Ignacio Ramonet, Teresa Táboas, Anxo
Quintana ou José Blanco. O ciclo, que pretende fomentar o
diálogo e a análise da actualidade cos seus
protagonistas, conta coa colaboración da Fundación
Luís Seoane.
O CPXG, entidade de dereito público
creada pola lei 2/1999 do Parlamento de Galiza, suma máis
de 1.100 colexiados repartidos entre as sete demarcacións
coas que conta. Entre os seus obxectivos figura en lugar destacado
afondar na mellora das condicións nas que os xornalistas
levan a cabo o seu traballo, a defensa profesional dos seus
membros e a garantía de independencia e liberdade
informativa en beneficio da sociedade galega.
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|