ArroutadaNoticias.com!, as novas galegas na rede

Novas


Publicidade
Contacto

Novas
Internacional
Anteriores
Opinión
Foro
Arquivo
Ligazóns


*Aymerich propón que os sindicatos sexan os primeiros en comparecer no Parlamento para contribuír á elaboración do Estatuto


Redacción 07 de marzo 2006 As cuestións de servizos públicos, política social e un marco galego de relacións laborais centraron a reunión do BNG coa UXT.
Os temas de tipo social e laboral foron os protagonistas da reunión que mantivo unha delegación da Executiva do BNG co secretario xeral de UXT-Galiza, José Antonio Gómez Gómez e a secretaria de organización e comunicación, Irene Martínez.

Carlos Aymerich, portavoz do BNG no Parlamento galego aproveitou para propor que sexan os sindicatos os primeiros en comparecer perante a comisión que elaborará o Novo Estatuto de Galiza, en recoñecemento da súa importancia social e institucional. Ao encontro, que tiña por obxectivo presentar o texto articulado proposto polo BNG, tamén acudiron Cecilia Pérez Orxe e Bieito Lobeira en representación dos nacionalistas.

Segundo o portavoz parlamentar nacionalista, “falamos de servizos públicos, política social e dun marco galego de relacións laborais”. Aymerich agradeceu a receptividade amosada pola UXT á maioría das propostas.

Voltar a novas

Ver anteriores