ArroutadaNoticias.com!, as novas galegas na rede

Arroutada Internacional

Publicidade
Contacto

Novas
Internacional
Anteriores
Opinión
Foro
Arquivo
Ligazóns


*Cuba é o único país latinoamericano onde non hai desnutrición


Redacción 06 de febreiro 2006 Cuba é o único país de América Latina onde non existe desnutrición, segundo veñen de confirmar desde a Organización de Nacións Unidas (ONU).

Así, Myrta Kaulard, representante do Programa Mundial de Alimentación, (PMA), afirmou que só o dous por cento dos cubanos menores de cinco anos ten algún défice nutricional, o que é debido ademáis a maos hábitos alimentarios, manifestou a experta.

Kaulard repasou os proxectos que desde xaneiro de 2002 mantén esta axencia da ONU na nación caribeña, que ten como obxetivo mellorar a nutrición da poboación máis vulnerábel dos territorios orientais. Os beneficiarios desta axuda son 630 mil persoas que receben alimentos fortificados, especialmente nenos de círculos infantís e ensino primario, así como mulleres embarazadas e nais lactantes.

O PMA reaccionou inmediatamente ante o paso do furacán Dennis polo centro do país, que permitiu a entrega de varios productos alimenticios a máis de 100 mil persoas.

O PMA mantén como unha prioridade erradicar a malnutrición infantil para o 2015, dentro do marco dos obxetivos do milenio das Nacións Unidas. Cuba é fonte de asistencia técnica e donante de alimentos, en especial azúcar, para nacións con maiores dificuldades. Así, desde 1996, a illa donou varios milleiros de toneladas do producto, que distribuiron polo PMA a países como a República Dominicana, Xamaica, Honduras, Haití, entre outros.

A asistencia do PMA iniciouse en 1963 cando o organismo internacional brindou asistencia inmediata ás víctimas do furacán Flora. A partir de entón executaronse varios proxectos de emerxencia, cunha contribución xeral que ascende a máis de 234 millóns de dólares.

De acordo ás prioridades do goberno cubano, o PMA traballa para mellorar a seguridade alimentaria da poboación, contribuíndo á atención dos grupos máis sensíbeis dos sectores de saúde e educación.


Fonte: web de Galiza Nova.

RELACIONADAS:
*Um em cada dez latino-americanos é subnutrido (15/08/05)

Voltar a ArroutadaInternacional

Ir a Novas

Ver anteriores