ArroutadaNoticias.com!, as novas galegas na rede

Arroutada Internacional

Publicidade
Contacto

Novas
Internacional
Anteriores
Opinión
ForoNOVO!!!
Arquivo
Ligazóns


*
Arxentina rexeitou a extradición do militante revolucionario chileno Sergio Galvarino


Redacción, 06 de xullo 2005. A Xustiza federal arxentina denegou onte a extradición do militante revolucionario chileno Sergio Galvarino Apablaza Guerra, detido en Bos Aires con documentación falsa en novembro de 2004, porque "non estará asegurado o seu debido proceso".

A decisión foi tomada polo xuíz federal Claudio Bonadío, logo de analisar o pedido expreso do Gobierno chileno, a través da querella, para que Apablaza fora trasladado ao país veciño con vistas a ser xulgado.

De ser enviado a Chile "non estará asegurado o seu debido proceso", advertiu o xuíz Bonadío, ao dispoñer a inmediata liberdade do imputado.

Antes de coñecer o veredicto, Apablaza Guerra, ex dirixente da Fronte Patriótica Manuel Rodríguez (FPMR), dixolle ao xuíz: "As únicas cicatrices e manchas de sange que teño son as das miñas torturas" por parte da dictadura de Augusto Pinochet.

Apablaza Guerra, que vivía hai uns meses en Arxentina coa súa esposa e os seus tres fillos, foi arrestado no novembro último por axentes de INTERPOL cando iba cun documento falso, baixo o nome Héctor Mondaca, a bordo dunha camioneta no partido bonaerense de Moreno.

Os tribunais continuistas chilenos reclamaban a extradición de Apablaza ao acusarlo de participar en 1991 na execución do senador da ultra dereitista Unión Democrática Independiente, Jaime Guzmán, un atentado atribuido á Fronte Patriótica Manuel Rodríguez (FPMR), que o militante chileno integraba.

Segundo o diario dereitista chileno La Tercera, antes de coñecerse o veredicto, o ministro do Interior chileno, Francisco Vidal, adiantara que de rexeitarse a extradición, (o que finalmente dispuxo o xuíz federal Claudio Bonadío), o Executivo apelaría ante a Corte Suprema arxentina.

"En Chile hai estado de dereito desde 1990 a esta parte e cualquera cidadán ten garantido o seu debido proceso. Ese é o noso argumento", manifestó Vidal, omitindo que en Chile numerosos presos políticos atópanse actualmente en folga de fame (en graves condicións de saúde), outro medio cento de presos mapuche enfrentan severas penas e centos de militantes están procesados polo continuismo pinochetista representado polo presidente Ricardo Lagos.

En tanto, o avogado do ex combatente chileno, Rodolfo Yanzón, sinalara que no proceso non se está discutindo sobre a situación do estado de dereito chileno, senon sobre "eventuais violacións aos dereitos de Apablaza".

Yanzón explicou que se se procesa a extradición con ese argumento "non significa que se está poñendo en tea de xuizo o sistema institucional chileno".

Agencia Walsh
Fuente: Resumen Latinoamericano


Voltar a novas

Ver anteriores