|
Publicidade Contacto Novas Internacional Anteriores Opinión Foro Arquivo Ligazóns
|
*Doce
entidades poñen en marcha o proceso para conseguir un
dominio propio galego na internet
Redacción
06 de abril 2006 Unha
ducia de entidades representativas de diversos ámbitos da
sociedade galega constituíron en Santiago de Compostela a
promotora da Asociación PuntoGal, que ten como obxectivo a
consecución do dominio .gal como espazo propio na internet
para a cultura e a lingua do país. Estas organizacións
avalarán a candidatura diante da Internet Corporation for
Assigned Names and Numbers (ICANN), organismo internacional que se
encarga de autorizar e de recoñecer os dominios.
ArroutadaNoticias.com anuncia que xa se puxo en caontacto
cao promotora para sumarse á iniciativa.
A
asociación nace tamén coa pretensión de sumar
o maior número posible de apoios sociais para a iniciativa.
Igualmente, realizará accións de concienciación
entre a cidadanía sobre a necesidade de que Galiza dispoña
dun dominio propio.
A
promotora está conformada por representantes da Asociación
de Editores de Galiza, da Asociación de Enxeñeiros
de Telecomunicacións de Galiza, da Asociación Fillos
de Galiza (fillos.org), do Colexio Profesional de Xornalistas de
Galiza, do Consello da Xuventude de Galiza, das Empresas Galegas
Adicadas a Internet (Eganet), de Galiza Hoxe, do Idesga-Galego 21,
do ISOC-Galiza, da Mesa pola Normalización Lingüística,
da Real Academia Galega (RAG) e de Vieiros.
Pola propia
complexidade do proceso a promotora considera fundamental
traballar dando pasos firmes, actuando con axilidade e contando
cun amplo respaldo social. A ICANN valora as propostas en función
da xustificación, da necesidade de ter o dominio e dos
apoios dos que dispón a propia candidatura dentro do seu
territorio; por iso é imprescindible artellar unha
candidatura sólida coa presenza de importantes organismos e
asociacións galegas no ámbito cultural, lingüístico
e da comunicación.
Nestes momentos, o grupo de
traballo está a manter reunións para coñecer
experiencias doutros casos similares, especialmente o catalán;
prepara un calendario de actuacións en base á axenda
da propia ICANN; estuda as opcións para elaborar e defender
os preceptivos informes da candidatura; e elabora os estatutos que
rexerán o funcionamento da asociación. Sobre cada
unha destas cuestións, así como das maneiras de
sumarse a este ilusionante proxecto, volverase informar en novas
comunicacións.
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|