|
Publicidade Contacto Novas Internacional Anteriores Opinión Foro Arquivo Ligazóns
|
*ADEGA
resposta ao Estudo da USC sobre a incineración de
pneumáticos
Redacción
06 de marzo 2006
O pasado Xoves, coñecíamos
a través da prensa as conclusións dun estudo a cargo
dun grupo de investigadores da Universidade de Santiago, dirixidos
polo profesor Navaza, sobre a incineración de pneumáticos
entre as que destacaban os autores tres cousas.
-unha:
que cada roda permite aforrar entre 10 e 12 kg de carbón ou
7,5 litros de gasóleo; -dúas: que as rodas son un
combustíbel máis barato; -tres: que as rodas
disminúen as emisións contaminantes.
Dende a
Comisión pro Residuos Mínimos do Oural estan
tratando de conquerir dito estudo para poder facer unha valoración
e unha crítica fundamentada, mais, a espera de recibila,
queren adiantar:
Primeiro: ningún estudo
dirixido polo profesor Navaza nos merece, de entrada, confianza
algunha. Temos que recordar que o estudo que realizou por
encargo do anterior Alcalde de Sarria, o socialista D. Claudio
Garrido, para xustificar a queima de pneumáticos na fábrica
do OURAL non era outra cousa, en máis dun 90%, que un puzle
de recortes de documentos de Internet ensamblados, ademáis,
de forma totalmente contradictoria. Cobrar por tal traballo cerca
de 700 Euros non pode menos que parecer un verdadeiro
timo.
Segundo: nen nós nen ninguén necesita
de estudo ningún para saber que se trata dun combustible
máis barato. Actualmente a coste cero, pero non tardará
tempo en cobrar por levar a cabo tal incineración. Aquí
radica precisamente unha das razóns do interese de COSMOS
pola incineración de pneumáticos e non podemos
aceptar que se nos queiran ocultar as razóns dun negocio
con disfraces de pretendidos estudos científicos realizados
por encargo.
Terceiro: non fai falla título ningún
para saber que as emisións desta e de calquer outra
incineración dependen, por unha parte, do combustible
utilizado e, por outra, das condicións de combustión.
E a este respecto, temos que recordar que a queima de pneumáticos
na fábrica do OURAL tén lugar nunhas das peores
condicións: pneumáticos troceados a entrada mesmo da
saída de gases.
Cuarto: para sacar conslusións
válidas sobre as emisións resultantes da queima de
pneumáticos, os muestreos terán que recoller os
moitos episodios de funcionamento anormal por deficiente
combustión que se dan na realidade. Nestes episodios, que
calquer veciño e capaz de identificar polos fumes que saen,
é cando tén lugar precisamente a formación de
contaminantes máis perigosos. Esta é a advertencia
que vimos facendo dende o principio. Estamos convencidos e
convencidas que o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza non
tardará en darnos a razón: a queima de pneumáticos
é unha actividade perigosa que, dacordo coa legalidade, non
pode facerse dentro dun núcleo urbano.
Última:
Non pode haber razóns para poñer poñer en
risco a saúde de todos nós cunha queima de
pneumáticos que ben pouco representa no negocio de COSMOS.
Non podemos aceptar que se queiran encubrir.
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|