|
Publicidade Contacto Novas Internacional Anteriores Opinión Foro Arquivo Ligazóns
|
*A
TVG cederá as dobraxes de Shin Chan e a Víbora
Negra
Redacción
06 de marzo 2006
A
serie Alló, alló! ten tamén as portas
abertas para a súa saída en galego no DVD que se
editará este ano.O galego pode entrar en Cartoon Networks e
con máis forza no mercado do DVD. A Mesa pola Normalización
Lingüística estivo a realizar xestións cos
axentes implicados (cadeas de televisión e distribuidoras)
para que a serie Shin Chan se puidese ver en galego dentro de
Cartoon Networks (que xa ofrece esa posibilidade en dual para o
catalán) e para que o DVD da mítica serie A
víbora negra puidese incluír unha versión
dobrada na nosa lingua.
Grazas
á boa resposta da nova dirección da TVG, estes dous
obxectivos poden ser realidade, dado que a emisora pública
está disposta a ceder gratuitamente estas dobraxes, igual
que TV3 fai co catalán. Ademais, esta actitude da dirección
da TVG posibilita que tamén poidamos ter opción en
galego no pack de DVDs que se van editar este ano coa coñecida
sitcom Alló, alló!
Igual que A Mesa,
tamén o colectivo Ciberirmandades da Fala realizou nas dúas
últimas semanas unha campaña de protesto desde
internet perante o primeiro anuncio de que non se cedería a
dobraxe da serie A víbora negra. Para Carlos Callón,
presidente da Mesa pola Normalización Lingüística,
“todo o movemento cidadán en defensa do noso idioma
está de parabéns, por demostrar máis unha vez
que a reclamación e a mobilización teñen
resultados positivos”.
A víbora negra:
problemas técnicos pola tardanza da dobraxe
A
Mesa continúa coas xestións coa distribuidora Cameo
para tentar garantir que A víbora negra poida saír
en galego o día 5 de abril (data anunciada da súa
posta á venda en todo o Estado). Desde a distribuidora
observan que a tardanza en conseguir a dobraxe lles vai supor un
gasto adicional importante e unha modificación do seu
calendario de traballo para lograr que o DVD estea na data
sinalada ou outra próxima. Porén, continúan a
estudar a viabilidade desta introdución, conscientes de que
a recepción deste produto audiovisual será moitísimo
mellor en Galiza se conta coa opción na nosa lingua. Cameo
si garante que todas as futuras series en DVD que poñan
mercado das cales se lles ceda a dobraxe, terán opción
en galego, como é o caso de Alló, alló!
Shin
Chan: O pequeno galopín regresará ao
galego
As Mocidades da Mesa, que comezaron coas
xestións para que Shin Chan se puidese ver en galego en
Cartoon Networks, festexan que se abran as portas a esta
posibilidade grazas á TVG e continuarán xestionando
para esa opción no mando do televisor sexa unha realidade
canto antes. O Presidente de Luk Internacional (a distribuidora
desta serie de debuxos animados) mostrouse tamén moi
receptivo a esta solicitude.
Igualmente, as Mocidades da
Mesa queren conseguir que tamén en Antena 3 haxa a opción
dual de poder ver as aventuras de Shinoshuke Noara na lingua pola
que se coñece en Galiza e coa que tivo importantes éxitos
de audiencia, cunha dobraxe lingüisticamente moi coidada.
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|