ArroutadaNoticias.com!, as novas galegas na rede

Novas


Publicidade
Contacto

Novas
Internacional
Anteriores
Opinión
Foro
Arquivo
Ligazóns


*
A CHAIRA É UN POEMA: Manuel María, Xornadas en Lugo, do 13 ao 16 de febreiro


Redacción 06 de febreiro 2006 A AS-PG, a CIG-ensino, AELG e MNL, como organizacións comprometidas coa cultura galega, puxemos en marcha unha amplísima programación destinada a dar a coñecer e valorizar a figura e a obra literaria de Manuel María, un ano após do seu falecemento.

Manuel María é o poeta do pobo, o poeta Nacional; debido a que queremos dar a coñecer a inmensidade da súa figura organizamos unhas
Xornadas na cidade de Lugo que se van celebrar entre o 13 e o 16 de febreiro no Salón de Actos do Centro Social Uxio Novoneyra.

A CHAIRA É UN POEMA: Manuel María


Xornadas en Lugo, do 13 ao 16 de febreiro en horario de 18 a 20:30 h. Uxio Novoneyra

Estas xornadas dirixidas ao profesorado teñen como obxectivo dar a coñecer e valorizar a figura e a obra literaria de Manuel María e mostrar que a súa palabra segue viva.

PROGRAMA:

Luns 13 de febreiro:

1. O sentimento da terra e o amor na poesía de Manuel María

Relator: Manuel López Foxo, escritor e estudoso da literatura galega

2. Presentación da fotobiografía sonora.

Relator: Xan Fraga, historiador e profesor de Ensino secundario

Martes 14 de febreiro

1. O contexto histórico e sociobiográfico

Relator: Camilo Gómez Torres, profesor de Ensino secundario e escritor

2. Presentación das unidades didácticas Ferrados de corazón, fanegas de alma

Relatores: Anxo Gómez Sánchez, profesor de Ensino Secundario

Mércores 15 de febreiro

1. A obra de Manuel María para os nenos e nenas.

Relatora: Celia Armas García, Profesora de Ensino secundario

2. Lectura dramatizada da Espiña Berengela.

Representación: Inés Cuadrado, Licenciada en artes Escénicas pola Escola Dramática de Bos Aires

Xoves 16 de febreiro

1. A poesía de Manuel María.

Relatora: Marta Dacosta Alonso, Profesora de Ensino Secundario e escritora.

Recital poético:
A obra de Manuel María na voz dos rapaces e rapazas dos Colexios e Institutos de Lugo.

MATRÍCULA: Gratuíta.

INSCRICIÓN:
A reserva de praza farase chamando aos teléfonos da AS-PG (982242682) ou da CIG (982245023) ou por correo electrónico:
lugo@as-pg.com, lugo@cig-ensino.com. Tamén na páxina web: www.manuelmaria.com
.

HOMOLOGACIÓN: Está solicitada a homologación á Consellaría de Educación por 10 horas lectivas.

Voltar a novas

Ver anteriores