|
Publicidade Contacto Novas Internacional Anteriores Opinión Foro Arquivo Ligazóns
|
*Quintana
'rompe barreiras' e recibe por primeira vez na Xunta aos
representantes dos colectivos de gais e lesbianas
galegos
Redacción
06 de
febreiro 2006
O Vicepresidente da
Xunta, Anxo Quintana, o pasado día 3 deste mes no seu
despacho aos representantes dos colectivos de homosexuais de
Galiza para falar dos problemas que lles afectan. Anxo Quintana e
os representantes dos colectivos homosexuais acordaron normalizar
as relacións entre estas asociacións e a Xunta.
Vicepresidencia estuda colaborar na organización dos actos
do Día do Orgullo Gai.
O
Vicepresidente destacou a importancia deste encontro porque dixo,
“rómpense tabús e barreiras”. Para
Quintana é inaudito que no século XXI houbera un
colectivo que tivera vetada a súa entrada e participación
na administración galega. Segundo o Vicepresidente, “
hoxe fixemos un exercicio de igualdade, que é a norma
básica de toda a administración democrática,
porque este é un Goberno para tódolos cidadáns
de Galiza, independentemente da súa ideoloxía,
condición ou elección sexual”.
Quintana
tivo a oportunidade de falar cos representantes destes colectivos
de homosexuais para falar da súa problemática e
coincidiron en que é fundamental facer “ socialmente
visible unha realidade que nos afecta a todos e que nos
enriquece”.
Segundo Quintana esta xuntanza serve
ademais para normalizar as relacións entre entes colectivos
e a administración galega, xa que tódolos cidadáns
teñen os mesmos dereitos. Neste senso, dixo, trátase
de acabar con moitos anos de ocultación, escurantismo e
discriminación para entrar nunha época de igualdade,
na que “todos contribuímos a facer o país que
queremos”.
Ámbitos de colaboración
A vicepresidencia estudará a posibilidade de
colaborar cos colectivos de homosexuais para que teñan o
apoio dunha asesoría xurídica que se ocupe de
tramitar as denuncias dos membros deste colectivo contra as
persoas que os agreden. Hoxe manifestáronlle a Quintana a
sús preocupación ante a oleada de agresións
que están a sufrir as persoas homosexuais. Así
mesmo, o vicepresidente estudará a posibilidade de que haxa
mais vixilancia e control policial para tratar de evitar estas
agresións.
No intento da Vicepresidencia por
visualizar socialmente a realidade que afecta aos colectivos de
gais e lesbianas, Anxo Quintana sinalou que se vai a intentar
colaborar na organización das xornadas sobre a problemática
da transexualidade que estas asociacións van desenvolver
proximamente, así como na organización das
actividades que van a levar a cabo con motivo do Día do
Orgullo Gai e que servirán, segundo o Vicepresidente para
contribuír a que haxa unha aceptación social con
normalidade, da realidade que afecta aos gais, lesbianas,
bisexuais e transexuais galegos.
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|