Publicidade
Contacto
|
*Chávez chama á batalla contra a contrarrevolución burocrática e contra a corrupción
Redacción 05 de decembro de 2006 “Venezuela está demostrando que un mundo novo e mellor é posíbel”, afirmou o presidente Chávez ante os seus simpatizantes que o esperaron por longas horas no Balcón do Pobo para celebrar a vitoria lograda este 3 de decembro.
”Unámonos e seremos libres, porque hoxe démoslle outra lección de dignidade ao imperialismo norteamericano”, expresou o presidente reeleito da República de Venezuela, Hugo Chávez Frías.
A afirmación fíxoa ao dirixirse ao pobo venezolano que o acompañou a madrugada deste luns ao celebrar o seu triunfo nas eleccións presidenciais de 2006 desde o "Balcón da Vitoria Popular" no Palacio de Miraflores.
Con esas palabras resaltou a necesidade de construír un mundo novo pluripolar no que se respecten os dereitos humanos, a soberanía e a independencia das nacións para lograr unha sociedade onde prevaleza a igualdade.
”Venezuela está demostrando que un mundo novo e mellor é posíbel”, afirmou o presidente Chávez ante os seus simpatizantes que o esperaron por longas horas no Balcón do Pobo para celebrar a vitoria lograda este 3 de decembro.
Agregou que desde agora, na nova era da Revolución Bolivariana, débense duplicar os esforzos e os logros na batalla contra a contrarrevolución burocrática e contra a corrupción.
Fonte: Axencia Bolivariana de Noticias.
Voltar a Internacional
Ir á Novas
Ver Anteriores
|
|