ArroutadaNoticias.com!, as novas galegas na rede

Novas

Publicidade
Contacto

Novas
Internacional
Anteriores
Opinión
ForoNOVO!!!
Arquivo
Ligazóns


*
Fala Ceibe denuncia á Junta de Castela e León por discriminación linguística


Redacción, 05 de setembro 2005 A Asociación cultural Fala Ceibe do Bierzo (www.falaceibe.tk) denuncia á Junta de Castela e León por discriminación lingüística contra o galego. O Goberno rexional convocou unha nova edición dos Premios Internet de Castela e León en varias categorías, sendo unha delas a adicada á "Promoción do español".



Fala Ceibe recorda que é o propio Estatuto de Autonomía desta Comunidade Autónoma o que determina que "gozarán de respecto e protección a lingua galega (...)" , no artígo 4.2. Xa que logo a Junta de Castela e León ten o mandato estatutario de protexer tanto o castelao coma o galego. Razón pola cal non se pode admitir que na concesión dos citados Premios Internet de Castela e León se fomente o uso informático do castelao, mediante un forte incentivo económico público, e non se faga o mesmo coa outra lingua da Comunidade Autónoma, a galega, tamén recoñecida estatutariamente. Esta inxustificada discrecionalidade administrativa do Goberno rexional só se pode cualificar de nidia discriminación lingüística co galego. Pois ademáis corresponde á Junta de Castela e León "promover as condiciois para que a liberdade e a igualdade do individuo e dos grupos en que se integran sexan reais e efectivas, remover os atrancos que empecen ou dificulten a súa plenitude (...)", segundo o artígo 8.2 do Estatuto de Autonomía, mandatos legais que incumpre sistematicamente no caso dos membros da comunidade galegofalante de O Bierzo.

Fala Ceibe acudirá ao Procurador do Común (figura semellante ao Valedor do Pobo Galego) para denunciar de inmediato esta nova discriminación lingüística antigalega da Junta de Castela e León. Esiximos ao Goberno rexional que nas vindeiras ediciois dos ditos Premios Internet de Castela e León se inclúa unha nova sección referida á "Promoción do galego", en igualdade de condiciois coa actual de "Promoción do español".




Voltar a novas

Ver anteriores