|
Publicidade Contacto Novas Internacional Anteriores Opinión ForoNOVO!!! Arquivo Ligazóns
|
*HUMORE
MÍO (Santiago de Cuba) apresenta: CINÉSICA. Mércores
e xoves na Sala Nasa
Redacción,
05 de
xullo
2005.
Dentro do programa de intercambio
cultural entre Santiago de Cuba e Santiago de Compostela, a sala
NASA acolle a presentación da compañía HUMORE
MIO coa súa obra CINÉSICA. Poderás desfrutar
de CINÉSICA o mércores 6 e o xoves 7 deste mes, ás
22:00h. na Sala Nasa de Compostela (Cabo Sam Lourenzo 51-53) polo
prezo de 6€.
O grupo
xurde en 1996 e sustenta o seu traballo no xesto e no humor. Un
humor de novo tipo, cunha linguaxe universal que parte do
tipicamente cubano. Actúan os actores Jorge Clavet, Luis
Manuel Licea e Guillermo de la Rosa.
CINÉSICA
é unha obra estreada en 1998, que ten recibido numerosos
premios en Cuba e que foi recoñecida pola apertura de novos
horizontes para facer humor desde unha linguaxe especificamente
teatral. Agora preséntase por vez primeira en Europa.
Trátase dun espectáculo estructurado en escenas ou
sketches, que son enfiados narrativamente para lograr a unidade do
conxunto. A ironía arredor do fanatismo relixioso, político
ou de outra índole subvírtese nunha cárrega
de humor, facendo que o remate de cada sketch sexa o inicio do
seguinte.
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|