ArroutadaNoticias.com!, as novas galegas na rede

Arroutada Internacional

Publicidade
Contacto

Novas
Internacional
Anteriores
Opinión
ForoNOVO!!!
Arquivo
Ligazóns


*Non houbo quórum para celebrar o congreso da FUBA


Redacción, 05 de xullo 2005. O congreso da FUBA (Federación Universitaria de Buenos Aires), citado para o sábado 2 de xulo ás 10.00 h. na faculdade de psicoloxía sede Independencia, que debía elixir á nova condución da organización estudantil, fracasou por falta quórum.

Dos 120 congresais que debían concorrer –o quórum está en 61- , só asistiron 51 pertencentes á Fronte 20 de decembro e outras agrupacións de esquerda, actualmente na dirección da Federación. O resto dos congresais identificados co kirchnerismo, a Franxa Morada, o ARI e o MNR (Movemento Nacional Reformista), entre outros, decidiron boicotear a convocatoria. Cabe destacar que 10 congresais, representantes das faculdades de Ciencias Económicas e de Odontoloxía non puideron participar por ter sido impugnadas as respectivas eleccións na reunión da Xunta Representativa realizada o pasado 21 de xuño.

Lamentamos moito que estas agrupacións non viñeran - referíndose ás opositoras-, porque fai unha semana nada máis reclamaban en algúns medios de comunicación un congreso ordinario da federación e acusaban á actual condución de non querer convocalo” manifestou á AxenciaWalsh, Agustín Vanella, actual presidente da FUBA “Definiron que, na medida en que non poidan gañarlle á fronte de esquerda que conduce desde hai anos a federación, van utilizar esta política de intentar non dar quórum para non lexitimar á actual condución” concluiu.

Decidiuse finalmente, convocar un novo congreso ordinario para o mes de novembro. Durante o mes de setembro ou outubro realizaranse eleccións oblrgatorias en todas as faculdades, de onde sairán os novos representantes para o congreso. Mentres tanto farase cargo da dirección a Xunta Representativa, composta por todos os presidentes de centro.

Pola súa parte a agrupación En Clave Roja no artigo publicado por Indymedia, opinou “
que é necesario unha profunda viraxe” xa que “de persistir a política e o funcionamiento que impoñen o PO e o MST, achanazará o camiño para que a Franxa e os kirchneristas, a fin de ano, recuperen a FUBA.”

Un ano cheo de conflitos e reclamos, como o da anulación das leies de educación superior e federal de educación; o do aumento orzamental; dos reclamos salariais de docentes e non docentes, esixe unha firme vontade de unidade e consenso de todos os sectores en loita. Ese é o grande desafío e o exame que deberán aprobar os representantes estudantís no mes de noviembre.


Agencia Rodolfo Walsh
Américo Balbuena

Rodolfo Grinberg


Voltar a novas

Ver anteriores