ArroutadaNoticias.com!, as novas galegas na rede

Novas


Publicidade
Contacto

Novas
Internacional
Anteriores
Opinión
ForoNOVO!!!
Arquivo
Ligazóns


*
BNG e PSOE comezan o diálogo para dotar ao bipartito dun programa de goberno


Redacción, 05 de xullo 2005. As comisións negociadoras do PSdeG-PSOE e do BNG reunidas o 4 de Xullo en Santiago, acordaron iniciar o proceso de diálogo para formar goberno.
As delegacións do PSdeG e do BNG pactaron o método de traballo a desenvolver nas negociacións que constarán de dúas partes, a conformación dun programa de bases para levar a adiante polo novo goberno e a estrutura e organigrama do Executivo.

Os integrantes das comisións negociadoras decidiron escomezar o traballo pola elaboración dun acordo programático. Con este obxectivo cada delegación aportará un documento de bases coa finalidade de chegar a un texto consensuado.

Asemade, acordaron manter reunións de forma permanente e continuada coa disposición de chegar a un acordo de goberno o antes posíbel.

Os representantes do PSdeG-PSOE Ricardo Varela, José Luis Méndez Romeu e Dolores Villarino e do BNG Francisco Jorquera, Carlos Aymerich e Ánxela Bugallo destacaron a boa sintonía e disposición na que se están a desenvolver estes primeiros contactos.



Voltar a novas

Ver anteriores