|
Publicidade Contacto Novas Internacional Anteriores Opinión Foro Arquivo Ligazóns |
*Adega celebra o día do medio ambiente con actividades de Educación Ambiental
Redacción 05 de xuño de 2006 O río e a auga serán as temáticas a traballar neste día commemorativo no CEIP Colexiata do Sar. O luns 5 de xuño a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza ADEGA vai celebrar o día mundial do medio ambiente con actividades de educación ambiental nun centro de ensino.Neste día Adega quere resaltar como o ven facendo durante o resto do ano a importancia da educación ambiental como ferramenta fundamental para acadar a sustentabilidade.
Santiago de Compostela
Inspección de Río co CEIP Colexiata do Sar 9:30 – 13:00
1º e 2º Ciclo ( de 1º a 4º curso)
Desenvolverán actividades lúdicas e formativas sobre a auga as suas problemáticas e posibeis solucións. Unha pequena charla introductoria ou o dominó da auga serán algunhas das actividades coas que traballar sobre este recurso limitado no dia mundial do médio ambiente.
3º Ciclo (5º e 6º curso)
O Proxecto Ríos (www.proxectorios.org) é un programa de E.A. promovido por Adega, que pretende contribuír a buscar solucións aos problemas ligados aos ecosistemas fluviais, e incrementar a conciencia ambiental sobre eles partindo do principio de participación da cidadanía.
Os/as alumnos/as do CEIP Colexiata do Sar farán unha inspección do río Sar, elaboraran un mapa do treito a inspeccionar, e faran un estudo da flora, fauna así como das condicións do rio empregando o material do Proxeco Rios.
Contra as 11:00 -12:00 farase unha actividade demostrativa de mostraxe de macroinvertebrados (como bioindicadores do rios) e análise da calidade das augas.
Voltar a novas
Ver
anteriores
|
|