ArroutadaNoticias.com!, as novas galegas na rede

Novas


Publicidade
Contacto

Novas
Internacional
Anteriores
Opinión
Foro
Arquivo
Ligazóns


*Once mil visitantes e mais de trescentos espectáculos, balance do I Salón Erótico do Atlántico

Redacción 05 de abril 2006 Máis de 11.000 visitantes e trescentos espectáculos realizados durante os catro días que durou o certamen foron o balance da primeira edición do SEDA (Salón Erótico do Atlántico) que o pasado domingo pechou as súas portas en Fexdega.

Desde o pasado xoves Vilagarcía converteuse na auténtica meca do erotismo, grazas a este salón que contou coa presenza dalgunhas das principais estrelas do cine erótico e porno do estado. Entre elas figuras como Dora Venter, Maria Bellucci, Lena Gasol, Leticia Bruni, Minerva, Carmen, Yuli ou Evita de Luna.

A gran afluencia de público ao certamen, levou á organización a ampliar o horario de peche o venres e sábado, e tamén a incrementar o número de espectáculos, xa que en principio estimábanse 250 e finalmente pasouse dos 300.

Os restaurantes ubicados no salón rexistraron durante os catro días unha importante presenza de público, xa que moitos grupos optaron por reservar en ambos establecementos para realizar festas privadas ou despedidas de solteir@s.

O público asistente ao SEDA foi maioritariamente xente nova, con idades comprendidas entre os 19 e os 35 anos. Grupos de amigos e amigas, ademais de parellas foron os principais visitantes do salón que puideron contemplar as numerosas actuacións e a oferta que se presentaba nos diferentes stands.

Segundo os datos que puido recabar a organización, unha porcentaxe elevada dos asistentes ao certamen procedían de distintos puntos de Galiza e tamén do norte de Portugal.

No SEDA estiveron representados todos os sectores que compoñen o mundo erótico. En total medio centenar de firmas de artigos de sex shops, audiovisual, publicacións especializadas, moda, bibliografía, gastronomía, espectáculos...

O salón estivo organizado pola empresa galega Planner&Proceltha, que contou para iso coa colaboración de Conrad Son, como director artístico, que converteron a Vilagarcía na segunda poboación do estado -despois de Barcelona- que acolle unha iniciativa deste tipo.


Voltar a novas

Ver anteriores