|
Publicidade Contacto Novas Internacional Anteriores Opinión Foro Arquivo Ligazóns
|
*ADEGA
denuncia a má situación das fosas sépticas
nos concellos da provincia de Ourense
Redacción
05 de abril 2006
ADEGA-Ourense vén traballando dende hai un tempo na
elaboración dun informe obre
a situación das fosas sépticas nos concellos de
Ourense. A metodoloxía do traballo consistiu na
presentación de constantes denuncias diante dos organismos
implicados na xestión, vixilancia e, se couber, sanción,
sobre o funcionamento na recollida das augas residuais nos
múltiples lugares e aldeas que contan con este sistema de
tratamento primario e "rudimentario".
Cos
datos recabados, mediante as respostas ofrecidas polos mentadas
administracións
públicas, concluen en que "todos os concellos da
provincia contan cun deficiente ou nulo tratamento mínimo
das augas residuais no que se refire as fosas sépticas dos
núcleos que non están obrigados a contar con
depuradoras".
A variada mostraxe que se realizou nas
diferentes comarcas da xeografía ourensán foi un
método moi eficaz para salientar que son os propios
concellos os que negan ante a opinión pública sobre
que existan problemas de contaminación nas augas, falseando
unha realidade que se revira ante as súas mentiras cando
tratan de pór panos diante dos ollos dunha realidade que
ADEGA constatou con datos oficiais.
A modo exemplificativo
salientan os seguintes datos:
-Concello de Toén:
contaminación das fosas sépticas de Alongos e Puga.
Apertura de expediente sancionador por parte da Confederación
Hidrográfica do Norte. Multa proposta: 12.000 €
-Concello
de Muiños: contaminación das augas no lugar do
Rañadoiro. Aquí resalta unha curiosidade porque a
C.H.N. advirte que "constitue un perigo de contaminación
das augas e de degradación do seu entorno". O propio
concello de Muiños tivo o "descaro" de negar
tales feitos nunha resposta que enviou a ADEGA.
-Concello
de Celanova. Rotura da tubería da condución situada
antes da fosa séptica no lugar de Vilanova dos Infantes.
Presentouse denuncia diante da C.H.N. e estase a espera da
resposta. Este concello fora anteriormente sancionado cunha multa
de 12.000 € pola contaminación causada por seis fosas
sépticas en distintas parroquias do concello.
-Concello
de Xinzo de Limia, expediente sancionador contra un particular por
facer captacións ilegais no canal do río Limia.
Sanción efectiva: 240 €, e advertencia de que se lle
abrirá outro expediente sancionador no que se estimaría
a circunstancia agravante da responsabilidade.
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|