ArroutadaNoticias.com!, as novas galegas na rede

Novas


Publicidade
Contacto

Novas
Internacional
Anteriores
Opinión
Foro
Arquivo
Ligazóns


*Os CAF fan responsábel ao Concello de Lugo de transformar a Festa da Carballeira nun “macrobotellón”

Redacción 05 de abril 2006 Denuncian trabas por parte do Concello para a súa realización e responsábilizano do que alí aconteza. “Non se concibe por ninguén, que por culpa do Concello, o que era unha Festa como é debido se acabase transformando nun “macrobotellón” sen nengún tipo de control nen sentido”.

Os Comités Abertos de Escola e Faculdade (CAF) do Campus de Lugo, denuncian que o Concello de Lugo non quere que os CAF organicen a Carballeira, e lembran que foron eles quen hai xa 17 anos a crearon.


En palabras do seu Responsábel de Campus, David Marcos: “O Concello debe ter interese en ser o protagonista da festa, a nós estivéronnos mareando un ano máis até última hora e ao final a festa faise igual pero sen que ninguén a organice” “Se teñen algún problema cos CAF que o digan claramente”

Os CAF manifestan que non é entendíbel por ninguén que, por culpa do Concello, o que en tempos foi a Festa do Campus se transformase nun “macrobotellón”.

Alén fan responsábel directo ao Concello do que alí aconteza, xa que segundo din “antes cando a organizábamos, os CAF eran os responsábeis de que todo estivese en orde, agora o Concello terá que asumir a súa responsabilidade e dar conta aos veciños do que alí pase”

Os CAF agardan que a Festa se desenvolva nun bó ambiente e que non haxa nengún problema, xa que din que do contrario haberá que reclamarlle ao Concello.

Por último anuncian que teñen convocada unha rolda de imprensa para o día despois da Carballeira (mañá día 6) onde informarán da súa valoración da Festa e onde darán conta polo miúdo do porqué destas acusacións ao Concello.


Voltar a novas

Ver anteriores