Publicidade
Contacto
|
*Lage propón aos sindicatos “comezar de cero” nas relacións co concello despois das eleccións municipais
Redacción 04 de decembro de 2006 O candidato do BNG censura nun encontro coa UGT que o Goberno de Orozco non fose capaz nos catro
anos de maioría absoluta de chegar a nin un só acordo cos representantes dos traballadores do Concello.
O candidato nacionalista, Xosé Anxo Lage, reúnese esta semana coas organizacións sindicais dentro
da rolda de contactos que o BNG está a celebrar de cara á elaboración do seu Programa de Goberno.
O candidato do BNG á alcaldía de Lugo, Xosé Anxo Lage, propuxo hoxe aos sindicatos “comezar de cero” a partir do vindeiro mes de maio nas relacións entre o Concello e os traballadores. Lage, abriu hoxe con representantes da UGT unha semana na que se reunirá con todas as organizacións sindicais do Concello, afirmou que “o Concello de Lugo está hoxe nunha situación delicada en materia de política laboral e de contratacións” e censurou que “o Goberno de Orozco foi incapaz, nos seus catro anos de maioría absoluta a chegar a nin un só acordo con ningún sindicato”.
O candidato nacionalista defendeu que “é imprescindible dar un xiro en materia laboral despois das vindeiras eleccións municipais” e ofreceu un “pacto laboral” aos sindicatos para acabar coa “situación de conflictividade” que en materia de persoal e de contratacións se vive no Concello de Lugo. A oferta do BNG consiste en “comezar a negociar dende cero, sen condicionantes previos” uns criterios aceptados por todos para as contratacións de persoal que se fagan no vindeiro mandato municipal e os repartos dos pluses e productividade.
Xosé Anxo Lage reiterou que son moitas as sentenzas xudiciais en contra que acumula o actual Goberno municipal polas súas contratacións e prácticas laborais. Algúns destes fallos, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, por feitos “gravísimos”, “esixen tomar medidas e rematar coas prácticas absolutamente arbitrarias e inxustas nas contratacións”, demandou Lage. “É preciso volver á xeira da legalidade en materia laboral porque as sentenzas condenatorias e reiteradas contra o Concello de Lugo están levando ao descrédito á institución”, afirmou o candidato do BNG.
Unha R.P.T. á que se opoñen todos os sindicatos
O secretario comarcal da UGT, Manuel Chaín, recoñeceu que as posibilidades de entendemento co Goberno local neste mandato foron moi poucas e referiuse ao último episiodio de desacordo entre o Gobenro de Orozco e os sindicatos, a raíz da presentación a pasada semana por parte do Goberno local dunha Relación de Postos de Traballo (R.P.T.) que non foi previamente consensuada coas organizacións sindicais.
O candidato do BNG, Xosé Anxo Lage, criticou esta forma de actuar e pediu o apoio da UGT para “reducir os altos índices de precariedade laboral e eventualidade” que hai no mercado de traballo de Lugo. O candidato nacionalista reuniráse mañá martes con CCOO e con CSIF e o xoves 7 coa CIG dentro desta semana adicada ás organizacións sindicais.
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|