ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Novas

Publicidade
Contacto
Novas
Internacional
Anteriores
Opinión
Foros
Arquivo
Ligazóns

* Cinema de vaqueiros para comezar decembro no Cineclube

Chuza! esta nova!
Redacción 04 de decembro de 2006 O Cineclube de Compostela inicia a súa programación de decembro co filme Incidente en Ox Bow, dirixido por William Wellman en 1943. Desta vez, a proxección adiantase un día e será este martes 5 de decembro, co horario e lugar habitual (ás 22:00 no centro social O Pichel, Santa Clara, 21). Con este filme, o Cineclube adianta tamén a súa programación para todo o mes.

Incidente en Ox Bow trata verbo da "lei da fronteira", analizándoa con caracteres que representan diferentes filosofías vitais e actitudes, todo dentro dun clima de violencia e odio leva ao linchamento de tres marxinais sospeitosos. Na liña de filmes como Furia de Fritz Lang, o filme introdúcenos no nihilismo. Todo isto dirixido por un director, William A. Wellman, que xa desde os seus inicios decidiu fuxior da idealización e o heroismo típicos do estilo americano para reflectir un maior realismo dentro dos seus filmes, marcado pola súa experiencia como enfermeiro mentres a Primeira Guerra Mundial.

Nas vindeiras semanas, o Cineclube traerá outros títulos de variadas temáticas, xa voltando ao seu día habitual dos mércores. Así, o 13 de decembro será a quenda do filme mexicano de Luis Buñuel O bruto, ao que seguirán o 20 de decembro a longametraxe de Michael Powell O cabo do mundo e a curta do vangardista Jean Epstein Les tempestaires. O mércores 27 de decembro fecharase o mes coa particular jam session cinematográfica de John Cassavettes Faces.

As proxección, como é xa habitual no Cineclube, se realizarán en versión orixinal con subtítulos en galego , e a entrada será de balde, puidendo os asistentes adquirir un bono axuda para colaborar co Cineclube.

Programa

Mércores 07 de decembro ás 22:00
Incidente en Ox-Bow
(Ox-Bow Incident, William A. Wellman,
EUA, 1943, 75', VOSGalego)

Mércores 13 de decembro ás 22:00
O bruto
(El bruto, Luis Buñuel,
México, 1952)

Mércores 20 de decembro ás 22:00
O cabo do mundo
(The Edge of the World, Michael Powell,
Inglaterra, 1937, 74', VOSGalego)

Mércores 27 de decembro ás 22:00
Faces
(Faces, John Cassavetes,
EUA, 1968, 130', VOSGalego)

Voltar a novas

Ver anteriores

Publicidade: