|
Publicidade Contacto Novas Internacional Anteriores Opinión Foro Arquivo Ligazóns |
*O BNG solicita que a Unión Europea destine fondos para paliar os danos causados polo lume
Redacción 04 de setembro de 2006 A moción será presentada através da representación de Galeuscat no Parlamento Europeo.
O BNG solicita hoxe, a través do eurodeputado Josu Ortuondo (PNV-Galeuscat), unha Resolución no Parlamento Europeo sobre os incendios que vai ser defendida na sesión plenaria que se celebra en Estrasburgo.
Esta resolución pide que a Unión Europea mobilice antes da fin de 2006 os instrumentos legais de prevención, conservación e atención de futuras catástrofes, así como o servizo de protección civil europea. Así mesmo, pídese que se destinen recursos do Fondo de Solidariedade comunitario, para que sexa aplicado en Galiza con flexibilidade co fin de reparar os danos causados polos incendios.
Ana Miranda, representante do BNG ante as institucións europeas, lembrou “a nefasta incidencia da Política Agraria Común (PAC) no cambio do sistema de produción agrario, que provocou un abandono obrigado das actividades agrarias tradicionais” e, en consecuencia “a despoboación do medio rural que provocou o descoido da masa forestal.”
Voltar a novas
Ver
anteriores
|
|