|
Publicidade Contacto Novas Internacional Anteriores Opinión Foro Arquivo Ligazóns |
*Voluntarios de ADEGA e proxecto ríos recollen peixes afectados polo verquido de Caldas de Reis
Redacción 04 de setembro de 2006 Voluntarios da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) e máis do Proxecto Ríos recollen dende a mañá do domingo peixes afectados polo verquido da empresa BRENNTAG no río Umia ao seu paso por Caldas de Reis. Estes traballos realizanse en colaboración coa Estación Hidrobiolóxica do Encoro do Con, pertencente á Universidade de Santiago de Compostela.
Despois do verquido tóxico da empresa Brenntag construironse diques provisionais para evitar a extensión do verquido tóxico río abaixo e cara a desembocadura do río Umia na ría de Arousa. Estes diques conseguen reter o verquido pero deixan tras de si numerosos peixes que sofren a falta de osíxeno da auga.
Os traballos dos voluntarios consisten en reubicar aos peixes feridos e afectados pola falta de osíxeno na auga trasladándoos dende o treito do río afectado, a uns tanques osixenados e de ahí se transportan cara afluentes do río Umia, para que unha vez recuperado o río repoboen de xeito natural a área afectada.
Entre as especies e familias de peixes que se están rescatando dunha morte segura destacamos a ciprínidos e anguias.
Hoxe comezará a realizarse pesca eléctrica pra rescatar máis facilmente aos numerosos peixes afectados.
Voltar a novas
Ver
anteriores
|
|