ArroutadaNoticias.com!, as novas galegas na rede

Novas


Publicidade
Contacto

Novas
Internacional
Anteriores
Opinión
Foro
Arquivo
Ligazóns


*
A I.L.P. en defensa dos ríos, camiño do Parlamento


Redacción 04 de febreiro 2006 Na tarde do xoves 2, a Comisión Promotora da Iniciativa Lexislativa Popular en Defensa dos Ríos e representantes da consellería de Medio Ambiente, encabezados polo seu Secretario Xeral e Presidente de Augas de Galicia, Sr. Santiso, mantiveron unha reunión en torno á futura tramitación da Iniciativa Lexislativa Popular en Defensa dos Ríos polo Parlamento e a posibilidade da súa toma en consideración.

Por parte da Comisión promotora empezou poñéndose de manifesto que esta iniciativa, aínda que fora pensada para outro cenario político, era neste momento incluso máis oportuna que antes por canto, nun momento no que a consellería de Medio Ambiente tén xa iniciada a revisión do Plan Sectorial hidroeléctrico e tén comprometida a revisión do plan Hidrolóxico de Galiza Costa e demáis  plans sectoriais, esta ILP ven a fixar as directrices e obxectivos mínimos que debe de cumrlir toda esa planificación hidrolóxica agora en revisión.

Por parte da consellería de Medio Ambiente entendimos que compartían os principios e obxectivos desta iniciativa Lexislativa aínda que, no contexto actual, debería de ser completada e millorada no posterior trámite parlamentario, comprometéndose a este respeito por parte da Consellería, a promover fórmulas de colaboración para que, as nosas suxestións tamén poideran estar presentes en todo o trámite posterior caso de que a iniciativa lexislativa fora tomada en consideración polo Parlamento.

Noutra orde de cousas, na semana próxima a Comisión Promotora da ILP  manteremos unha reunión co grupo palamentario Popular para explicarlles os obxectivos e contido desta ILP e tratar de conseguir tamén o seu apoio. Tamén agardamos manter nesta próxima semana un encontro coa Presidenta do Parlamento para coñecer os detalles do trámite parlamentario e empezar xa a preparación da súa defensa na cámara.


Voltar a novas

Ver anteriores