|
Publicidade Contacto Novas Internacional Anteriores Opinión Foro Arquivo Ligazóns
|
*A
Fundación Galiza Sempre explica “160 anos de
nacionalismo galego” nun CD
Redacción
04 de
febreiro 2006
Contén 5 programas de radio con
testemuños históricos e valoracións dos
dirixentes nacionalistas.
A
Fundación
Galiza Sempre vén de editar un CD titulado “160
anos de nacionalismo galego” que contén cinco
programas radiofónicos producidos en colaboración
coa radio municipal de Allariz. Trátase dun proxecto
divulgativo que describe e comenta en algo máis de 60
minutos de grabación a traxectoria do nacionalismo galego
nun percorrido polos feitos sociopolíticos fundamentais da
nosa historia contemporánea.
O
guión –elaborado por Sonia Hermida a partir dun texto
do historiador Xusto Beramendi- acompáñase de
diversos documentos sonoros e testemuños de historiadores e
dos principais dirixentes nacionalistas nas últimas
décadas, entre os que están Xosé Manuel
Beiras, Bautista Álvarez ou Francisco Rodríguez.
Ademais, segundo explicou Xabier Macías na presentación
publica deste documento, cada capítulo remata cunhas verbas
do actual portavoz nacional do BNG, Anxo Quintana.
A
Fundación considera especialmente oportuno, coincidindo coa
asunción de responsabilidades de goberno polo nacionalismo,
realizar un labor divulgativo sobre as orixes, ideas, compromiso
social e evolución do seu proxecto político a prol
do autogoberno. Con ese obxectivo está a difundir os
programas entre diversas emisoras locais galegas e da emigración,
e poñéndoo tamén a disposición dos
Centros de Educación de Adultos de Galiza para a súa
posíbel utilización como recurso didáctico.
Xabier
Macías tamén fixo referencia á declaración
do 2006 como “Ano da Memoria Histórica”. En
relación con esta conmemoración, a edición
deste CD é unha forma de homenaxear e dar a coñecer
o labor dos que loitaron contra o franquismo, pola democracia e
polo autogoberno desde o nacionalismo galego.
Os
programas:
1. O
GALEGUISMO PRE-NACIONALISTA 1840-1916. (Duración 11:26)
2. NACIMENTO E CONSOLIDACIÓN
DO NACIONALISMO 1916-1936 (Duración 14:32)
3.
A LONGA NOITE DE PEDRA 1936-1973 (Duración 13:24)
4.
O NACIONALISMO GALEGO NA TRANSICIÓN 1973-1981 (Duración
8:24)
5. O NACIONALISMO NO
ESTADO AUTONÓMICO 1982-2002 (Duración 16:56)
Algúns
contidos:
Fragmentos
dos programas políticos do século XIX; das
Irmandades da Fala e o Partido Galeguista; do Sempre en Galiza de
Castelao; da UPG, PSG e BNG.
Documentos
sonoros: Voces de Eduardo Blanco
Amor (sobre o idioma galego), R. Suárez Picallo (sobre os
deputados galegos na II República), Francisco Fernández
Del Riego ( Editorial Galaxia), Manuel Caamaño (Agrupación
Cultural O Facho); morte de Franco; coroación de
El-Rei.
Testemuños inéditos
de:
Lois
Obelleiro Xusto Beramendi Encarna Otero Bautista
Álvarez Lidia Senra Mario López Rico Francisco
Jorquera Camilo Nogueira Francisco Rodríguez Xosé
Manuel Beiras Anxo Quintana
Agradecementos:
Ministerio
de Educación e Ciencia/ Arquivo Sonoro. Consello da Cultura
Galega / TVE en Galicia / Berrogüetto / Francisco García
/ EMI Music / Milladoiro
Produción: Fundación
Galiza Sempre Colabora Radio Allariz
Dirección:
Xabier Macías Coordenación e Produción:
Sandra González Guión: Sonia Hermida, a partir de
textos de Xusto Beramendi Realización: Flor
Maceiras Realización técnica. Gravación e
posprodución: Carlos Fernández Durán Asesoramento
histórico: Xusto Beramendi. Catedrático de Historia
Contemporánea da Universidade de Santiago de
Compostela.
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|