|
Publicidade Contacto Novas Internacional Anteriores Opinión Foro Arquivo Ligazóns
|
*Jorquera
considera que no acordo do goberno sobre a OPA non existen
suficientes garantías sobre o cumprimento dos investimentos
previstos por Endesa en Galiza
Redacción
04 de
febreiro 2006
O BNG defende que a
venda de activos de Endesa se abra á competencia, de xeito
que o capital galego poda optar a eles.
O coordenador
executivo do BNG, Francisco Jorquera, considera que no acordo do
Goberno español sobre a OPA promovida por Gas Natural non
existen suficientes garantías sobre o cumprimento dos
proxectos de investimentos previstos por Endesa en
Galiza.
Jorquera defende que a venda de activos de
xeneración eléctrica á que ten que facer
frente a empresa resultante da OPA
se
faga en condicións que aseguren a liberdade de concorrencia
das distintas compañías con presenza no sector.
“Só
a abertura á competencia da venda destes activos”,
afirma Jorquera, “pode abrir a vía de que empresas
participadas por capital galego podan optar a eles. Só dese
xeito podemos favorecer que Galiza teña unha presenza
significativa nun sector estratéxico para calquer economía
moderna”.
En
calquer caso, o coordenador executivo anuncia que o BNG vai
rexistar distintas iniciativas parlamentares para fiscalizar que
os investimentos previstos en Galiza no sector de xeneración
eléctrica non se vexan afectados no máis mínimo
por esta operación agora aprobada polo Goberno
español.
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|