GaliciaBannerGaliciaBanner
ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Novas

Publicidade
Contacto
Novas
Internacional
Anteriores
Opinión
Foros
Arquivo
Ligazóns

*Dillo a Laura...que o ensino para o 8 de novembro
Redacción 03 de novembro de 2006 Este martes 8 de novembro as Mocidades pola Normalización Lingüística teñen convocado un paro xeral no ensino medio polo dereito a receber o ensino no noso idioma. Levan días mobilizando a todo o estudantado para acadar o maoir éxito na xornada do día 8. Charlas polos institutos, colada de cartaces, repartos, roldas de prensa etc. mais non é suficiente, internet tornase unha outra vez fundamental para difundir toda a información referente a este paro. Un exemplo disto témolo no video que se pode ver en YouTube baixo o título Dillo a Laura enviado por ooitononvou, non ten desperdicio.


Dende as Mocidades pola Normalización Lingüística sinalan que o obxectivo do paro é lembrar ás autoridades educativas a importancia do cumprimento dos dereitos lingüísticos do alumnado. Actualmente, en virtude da lexislación vixente, os estudantes deberían ter garantido o ensino integramente en galego, por exemplo.

Dende a Mocidade pola Normalización Lingüística quérese lembrar que existe unha lexislación moi ampla a respecto do galego no ensino, mais que por desgraza apenas se cumpre. Os representantes desta organización sinalaron que o noso é o sistema educativo do estado que menos ten en conta a existencia dunha lingua propia, o que coloca o galego nunha situación de clara inferioridade.

Os representantes da Mocidade da Mesa pola Normalización tamén sinalaron que as previsións sobre o éxito do paro son moi positivas, a raíz dos contactos que se están a establecer nos últimos días cos centros de ensino medio de todo o país. Agardan que o éxito da convocatoria consiga algún movemento en positivo por parte da Consellaría de Educación.



Voltar a novas

Ver anteriores