Publicidade
Contacto
|
*Autónomos En Liña (On Line): os Autónomos Galegos en Internet, do mesmo xeito que as mellores empresas do mundo
Redacción 03 de outubro de 2006
Os autónomos galegos de PEMES do comercio e servizos dispoñerán de servizos profesionais en internet, co equipamiento informáticos e os recursos necesarios para mellorar a súa productividade e competitividade.
Que é Autónomos En Liña?
Unha oportunidade para diferenciarse da competencia, aumentar a súa productividade e fortalecer a súa imaxe corporativa. Os beneficios do proxecto poden obter uns magníficos servizos dun prezo de mercado superior pagando un prezo moi reducido grazas á subvención do IGAPE.
É un proxecto promovido por FEAGA (Federación de Autonomos de Galiza) ante o IGAPE (INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA) para achegar as novas tecnoloxías de información e comunicación aos autónomos de Galiza.
O obxectivo é dotar aos autónomos de PEMES do comercio e servizos, do equipamiento informático e recursos necesarios para potenciar a utlización de servizos profesionais en Internet e consolidar o acceso á sociedade de información a 85 Autónomos, co fin de mellorar a súa productividade e competitividade.
Que ofrece Autónomos En Liña?
É unha oportunidade única para acceder ás novas tecnoloxías, modernizar a xestión da súa empresa, ter páxina web con tenda virtual, correo electrónico, información de FEAGA, ordenador portátil.
Os autónomos contan coa incorporación da súa empresa a un único portal de servizos integrales (información, emprego, directorio de empresas e oportunidades de negocio), á vez do desenvolvemento para a mesma dunha web individualizada (con dominio propio) e dunha tenda virtual na que expoñer os seus produtos, difundir a súa actividade e achegarse aos clientes/proveedores.
Todo iso coa xestión do propio profesional autónomo. Dunha forma rápida e sinxela poderá administrar os contidos e preferencias (actualizar o catálogo dos seus prodcutos, incluír, modificar ou eliminar os seus textos corporativos, imaxes, logos, dar de alta unha oferta de emprego, seleccionar candidatos....), a súa propia OFICINA AUTÓNOMA VIRTUAL:
- Páxina Web propia con tenda virtual e catálogo de produtos.
- 10 Contas de correo electrónico.
- Servizos integrales de información e xestión para autónomos.
- Ordenador portátil AIRIS PRAGMA 775-INTEL CELERON 1.3
Que custo ten autómos en liña?
Para percibir un ordenador portátil, a súa páxina web, e 10 contas de correo electrónico e servizos integrales de información e xestión para autónomos formando a oficina virtual, o autónomo interesado ten que abonar só 688,50 € (IVE incluído)
Isto é posíbel grazas á subvención do 50% do IGAPE, a través de FEAGA, porque o prezo de mercado de todos estes servizos profesionais de Internet é de 1.377 € , que os AUTÓNOMOS EN LIÑA obteñen a metade de prezo.
Quen pode acollerse a Autónomos En Liña?
Esta experiencia piloto, que servirá de base para futuras accións, está dirixida nesta primeira fase a 85 autónomos de PEMES do comercio e servizos de Galiza.
FEAGA tramita, xestiona, facilita o acceso á subvención do IGAPE.
Só teñen que dirixirse para máis información e inscripciones a: FEAGA, e remitir a solicitude ou Declaración de participación no Proxecto, pois só serán atendidas 85 solicitudes por rigorosa orde de recepción.
Federación de Autónomos de Galiza, rúa Sinforiano López, nº 55-baixo. 15005- A Coruña. Teléfono: 981-151453, Fax: 981-234838, e-mail: feaga[@]telefonica.net e feaga[@]feaga.org. E o impreso de Declaración de participación no proxecto,que se atopa en www.feaga.org
Autónomos En Liña, é un proxecto de FEAGA, cofinanciado polo IGAPE, e realizado por ESIN consultores.
Máis información e solicitude de entrevistas:
Departamento de Comunicación ESIN Consultores. Branca Landázuri (teléfono 902 160 690, 630 517 406; e-mail: blancalandazuri[@]telefonica.net)
Voltar a novas
Ver
anteriores
|
|