|
Publicidade Contacto Novas Internacional Anteriores Opinión Foro Arquivo Ligazóns
|
*Hoxe
comeza RADIOFUSIÓN, a programación conxunta das
Emisoras Municipais Galegas
Redacción
03 de outubro
2005
As Emisoras Municipais
Galegas comezan hoxe unha programación
conjunta, chamarase RADIOFUSIÓN e vai dirixida á
mocidade. Os espazos comúns iniciaranse ás sete da
tarde. Conectaranse hoxe mesmo cos programas conxuntos Radio
Allariz, Radio Redondela, Radio Tui, Radio Negreira, Radio Arzúa,
Radio Eume (As Pontes) Radio Fene e Radio Foz. EMUGA indica que
nos próximos dias iranse sumando novas emisoras ao
proxecto, até superar as 25 estacións que
cobrirán o 70% do territorio galego e o 80% da
poboación.
A
programación conxunta vai enfocada fundamentalmente a unha
audiencia moza,
aínda que sen despreciar ouvintes de outras franxas de
idade. Un dos novos espazos será o programa misceláneo
que co título de "ENTRADA LIBRE" se prolongará
de luns a venres de sete da tarde a nove e media da noite.
Conducirán o espazo os xornalistas Belén Regueira
–ex presentadora do espacio de TVG "Chambo" e
Tomás Lijó. O programa combinará contidos
musicais, axenda cultural, entrevistas e conexións con
mozos e mozas galegos emigrados nos cinco continentes. Intentarán
impregnar o espazo de humor para conseguir un programa dinámico
e divertido. Tamén diariamente entre as 21,30 e as 22,30 o
xornalista Leo Toral repasará a actualidade informativa da
xornada contando con correspondentes nas cidades de Vigo, Santiago
e A Coruña. EMUGA proxecta extender a curto prazo a red de
correspondentes á totalidade das urbes galegas.
A
posta en marcha desta programación é unha
experiencia insólita en Galiza. As emisoras municipais
suman esforzos para aproveitar novos recursos e ofrecer uns
espazos de máxima calidade, sen por iso renunciar ao
carácter local. Ademais se configurará un espazo
radiofónico enfocado directamente á mocidade. Cada
unha das radios locais continuará emitindo a súa
programación propia en horario de mañá e pola
tarde intercalará as súas noticias e informacións
en desconexións
da programación conxunta.
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|