|
Publicidade Contacto Novas Internacional Opinión Arquivo Ligazóns Anteriores
|
*Manifestación
en Pontevedra “Pola recuperación da ría, pola
saúde e máis postos de traballo”
Redacción,
3 de xuño
2005. Sairá mañá, sábado 4, ás
20:30 h. da Praza da Ferraría de Pontevedra.
Era
no 1957 coa instalación de CELULOSAS DE PONTEVEDRA e no
1968 coa instalación de ELNOSA que, -con capital público
estatal-, empezaba a construírse, ao pé mesmo da ría
de Pontevedra, unha historia de contaminación e
envelenamento que, a día de hoxe, 50 anos despois, segue
afectando gravemente á produción marisqueira dunha
da ría e á saúde pública de toda a
comarca de Pontevedra.
Foi
contra desta contaminación, pero tamén contra dun
modelo de desarrollismo do Estado que estaba a traer a Galiza
unhas industrias altamente contaminantes que viñan a
usurpar o dominio dos nosos montes para adicalos á
plantación de pinos e eucaliptos e que para nada tiñan
en conta os recursos naturais das nosas rías, contra da
que, xunto co resto do ecoloxismo galego e a Galiza máis
consciente do seu futuro, houbemos de mobilizarnos teimosamente,
xa dende a nosa fundación, para sacar a ENCE FORA DA RÍA
e tamén para deter máis de media ducia de proxectos
de Celulosas que dende Fazouro ou Viveiro (en Lugo) ata Ponteceso,
Cee, Negreira ou as Pontes (na Coruña) pretenderon
instalarse en Galiza ao longo dos 70.
Hoxe,
despois de moitas denuncias por contaminación e de moitas
mobilizacións polo traslado do complexo ENCE-ELNOSA fora da
ría, a dirección de ENCE, contando co apoio da Xunta
e de certos sectores empresariais e sindicais, pero en contra da
maioría da sociedade e dos gobernos municipais da ría,
busca consolidarse en Lourizán apropiándose
definitivamente duns terreos que no 2018 terían que volver
ao dominio público.
O momento é decisivo. Aí
están as manobras e a manipulación mediática
da Empresa, de Caixa Galicia e máis da Xunta, fronte á
firmeza do Goberno Municipal de Pontevedra; aí está
a chantaxe da desaparición de postos de traballo ou a
demagoxia dunha fábrica de papel tisú; aí
están os intentos de que o Ministerio de Medio Ambiente
acepte o traspaso dos terreos de Lourizán á
autoridade portuaria de Marín ou as convocatorias á
mobilización cidadá que, a través de
inconscientes intermediarios, está a promover a dirección
de ENCE.
O
momento é hoxe decisivo. A decisión afecta á
Pontevedra, pero tamén a toda Galiza.
Neste
4 de Xuño, a mobilización do DIA MUNDIAL DO MEIO
AMBIENTE tén que estar en Pontevedra apoiando a todos os
seus colectivos sociais.
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|