|
Publicidade Contacto Novas Internacional Opinión Arquivo Ligazóns Anteriores
|
*Adega
celebra o Día do Medio Ambiente con tres actividades de
Educación Ambiental
Redacción,
3 de xuño
2005. Os
ríos, a Costa e os Residuos serán a temáticas
a traballar neste día conmemorativo. O venres 3 de
xuño a Asociación para a Defensa Ecolóxica de
Galiza ADEGA vai celebrar o Día Mundial do Medio Ambiente
con tres actividades de educación ambiental en tres puntos
distintos do país e con outras tantos centro de ensino.
Neste día Adega quere salientar, tal como o ven facendo
durante o resto do ano, a importancia da educación
ambiental como ferramenta fundamental para acadar a
sustentabilidade.
Santiago
de Compostela.
Inspección
de Río co CEIP Colexiata do Sar 9:30 – 13:00
O
Proxecto Ríos (www.proxectorios.org)
é un programa de E.A. promovido por Adega, que pretende
contribuír a buscar solucións aos problemas ligados
aos ecosistemas fluviais, e incrementar a conciencia ambiental
sobre eles partindo do principio de participación da
cidadanía.
Os/as alumnos/as do
CEIP Colexiata do Sar farán unha inspección do río
Sar, elaborarán un mapa do treito inspeccionado,
desenvolvendo un estudo da flora e fauna así como das
condicións do río. Para isto empregarán o
material do Proxecto Ríos elaborado por ADEGA.
Contra
as 11:00 realizarase unha actividade de mostraxe de
macroinvertebrados (como bioindicadores dos ríos) e análise
da calidade das augas que contará coa presenza da
Concelleira de Educación, Elvira Cienfuegos e da
Concelleira de Medio Ambiente Marta
Álvarez-Santullano.
Baldaio
Roteiro
polo complexo dunar de Baldaio
De 10:30 a 13:30 os/as
alumnos/as do IES de Carballo realizarán un roteiro polo
complexo dunar de Baldaio acompañados de monitores de
ADEGA. Este espazo que ten a categoría de Zona de Especial
Protección dos Valores Naturais e fica incluído na
proposta de Lugar de Interese Comunitario Costa da Morte para
formar parte da Rede Natura 2.000., conforma un exemplo da
situación de moitos espazos naturais
galegos.
Pontecesures
Obradoiro de
reciclaxe de papel
As/os alumnas/os do CEIP
Pontecesures desenvolverán de 9.30 A 13.00 actividades de
reciclaxe de papel asesorados por monitores de ADEGA. Neste caso a
temática central serán os residuos e os seus
sistemas de tratamento e xestión nos que se fará
especial fincapé nas tres Erres: Reducir, Reutilizar e
Reciclar.
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|