ArroutadaNoticias.com!, as novas galegas na rede

Novas


Publicidade
Contacto

Novas
Internacional
Opinión
Arquivo
Ligazóns
Anteriores


*Entrágase un “manifesto polo emprego público do galego” no Concello de Lugo


Redacción, 3 de xuño
2005. O manifesto reclama que os membrps da equipa de goberno do Concello de Lugo empregen a lingua galega en público cando desempeñen o seu cargo. O manifesto está asinado pola Associaçom Cultural Alto Minho, Clube Cultural Valhe-Inclán, Círculos Líticos, Associaçom Galega da Língua, Mesa pola Normalización Lingüística e pola Asociación Sócio-Pedagóxica Galega.

Manifesto pola língua: Praticar a normalidade.

Às señoras e señores concelleiros membros da equipa de Governo Municipal de Lugo:

Os aqui presentes, e en nome das suas respectivas asociacións e colectivos, conscientes da necesidade apremiante da defensa da língua como primeira manifestazón e veículo da nosa riqueza cultural como galegas e galegos, sentimo-nos seriamente estrañados polo feito constatábel do escaso emprego, cando non nulo, do idioma galego por parte da maioria dos membros da equipa de governo municipal de Lugo nas suas intervenzóns públicas en desempeño do seu cargo. Sentimonos estrañados tanto tendo en conta que o emprego desta língua é, ou deveria ser, o normal dentro da Comunidade Autónoma Galega; como por termos constatado que absolutamente todas e todos os membros da Equipa de Governo Municipal están perfeitamente capacitadas e capacitados para o uso normal da língua galega en público.

Facemos esta chamada de atenzón porque entendemos que a língua, como toda manifestazón cultural, é un ente vivo e non inerte, e que, por tanto, a sua parálise determina fatalmente a sua morte; por iso nós, as presentes asociacións e entidades neste acto reclamamos das e dos membros da equipa de Governo Municipal que a língua galega, como senlleiro elemento identificador da nosa realidade cultural e social sexa empregada en todos os actos próprios, tanto públicos como administrativos, da Corporazón Municipal conforme ao vixente ordenamento xurídico e normativo da Comunidade Autónoma Galega, asi como conforme tamén, e non menos importante, coa maioria galego-falante deste País que normalmente emprega a sua língua todos os dias.


Voltar a novas

Ver anteriores