|
|
|||
|
Publicidade |
Dicir que en ningún momento se achegaron a nós para preguntarnos polos problemas cos que nos atópamos a cotío, ¿e que non temos dereito a ser escoitados?, ¿seguemos a ser ignorados pola administración coma sempre?, ¿ é que se moven polos estereotipos marcados na nosa sociedades?
- IES Elviña - IES Marqués de Suanzes - IES Antonio Fraguas - IES Piringalla - IES Pinquela - IES Portobello - IES Xesús Taboada - IES Luís Seoane - IES Xunqueira - IES Francisco Sanchéz
- a Orde de 27 de decembro de 2002, onde reflíctese: “...en determinadas ocasións, as necesidades educativas requiren de actuacións e recursos que dificilmente poden ofrecerse neses centros...” é por elo que ASAC intenta paliar no posíbel esas carencias, cando é algo que ten que ser feito polo propia Consellería. Todo elo leva a facernos as seguintes preguntas: - ¿por que non se ofrecen actuacións, recursos e intervencións nos colexios de primaria e de secundaria para estas nenas e nenos de altas capacidades? - ¿como é que non funcionan os Departamentos de Orientación nos centros e os Equipos de Orientación Específicos? - ¿en que punto se atopa a coordinación dos servizos educativos? - ¿onde se garante unha actuación educativa de calidade se son as nosas nenas e nenos quen de ter un gran fracaso escolar? - ante a dúbida dunha nena ou neno de altas capacidades, atopámonos cun rexeitamento para facerlle as probas especificas, entón ¿por que as mestras e mestres ou as orientadoras e orientadores parapétanse en que son nenas e nenos que non atenden, que son inquietas, que non cumpren as normas, que son molestas, resabidillas...? e atrévense inclusive a dicir que non se lles faga caso, que non se poden estimular... Non é máis que provocar unha desmotivación e o inicio do fracaso escolar. - se temos a “sorte” de conquerir unha adaptación curricular, ¿en que condicións se leva a termo?, pois non podemos esquecernos da desidia, falla de información e compromiso do persoal educativo dos centros - ¿quen leva a termo o seguimento “real “ desa adaptación curricular?. Podemos garantir, de rapaces a quen se lle mando levar a termo, con nove anos, e a día de hoxe xa na Universidade, aínda non se levou a termo - ¿como se fai constar a flexibilización e as adaptacións curriculares nos expedientes das nosas nenas e nenos? Gustaríanos rematar dicindo que as nosas nenas e nenos teñen unhas nais e uns pais que pagan os seus impostos, polo que teñen o dereito e a obriga de esixir que se cumpra coa lei e se teña en conta o noso Estatuto, que dí: - Corresponde aos poderes públicos de Galiza promover as condicións para que a liberdade e a igualdade das persoas e dos grupos nos que se integran sexan reais e efectivas, remover os obstáculos que impidan ou dificulten a súa plenitude e facilitar a participación de todos os galegos na vida política, económica, cultural e social. Título Preliminar, artigo 4º. - “É de competencia plena da Comunidade Galega a regulación e administración da ensinanza en toda a súa extensión, niveles e graos, modalidades e especialidades, no ámbito das súas competencias... e da alta inspección precisa para o seu cumprimento e garantía”. Título II das Competencias de Galicia, Capítulo I das Competencias en xeral, artigo 31.
|
|
|