|
Publicidade Contacto Novas Internacional Anteriores Opinión Foro Arquivo Ligazóns
|
*Bota
a andar o Programa de Educación Ambiental 2006
Redacción
03 de marzo 2006
Educadores/as
ambientais de Adega comezarán este venres cunha actividade
sobre tóxicos da vida cotián e continuarán a
semana vindeira cun roteiro pólo Sarela e unha visita a
ETAP e EDAR.
O
venres 03 de marzo bota a andar o Programa de Educación
Ambiental do Concello de Santiago de Compostela en colaboración
coa Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza
ADEGA.
O
programa de Educación Ambiental que promoven as
Concellerias de Medio Ambiente e Educación consta dun
programa xeral de actividades, a realización de dous hortos
escolares e un programa centrado na auga e nos rios. O programa
xeral, que comeza hoxe, inclue charlas, obradoiros e saídas
relacionadas con diversas temáticas ambientais,
biodiversidade, resíduos, consumo e médio ambiente,
etc.
Aínda
que os educadores ambientais de Adega xa realizaron unha saída
póla Alameda o 7 de febreiro cos alumnos do Colexio Clunny
hoxe o programa comezará con forza. As vindeiras tres
actividades de educación ambiental en outras tantos centro
de ensino son as seguintes:
Venres 03 de marzo:
No IES Antonio Fraguas as 10:30 realizárase unha charla
sobre a problemática dos residuos, especialmente dos
residuos tóxicos e perigosos de uso cotián. A charla
seguiralle un obradoiro para a identificación destes
productos e a fabricación dun limpador de fogar e/ou un
ambientador sen productos perigosos para a saúde e o medio
ambiente.
Lúns 06 de marzo:
Os alumnos do IES Xelmirez I cara as dez da mañá
realizarán un roteiro polo río Sarela dentro das
actividades do programa que abranguen a auga e os rios.
Os
alumnos do Xelmirez I que xá participaron o ano pasado no
Proxecto Rios inspeccionarán o Sarela, elaborarán un
mapa do treito a inspeccionar, faran un estudo da flora e fauna
así como unha análise físico-química
do río, estudo do pH e presencia de nitratos empregando
o material do Proxecto Rios. Tamén farase unha
actividade demostrativa de mostraxe de macroinvertebrados (como
bioindicadores), para poder coñecer o estado de saúde
do río Sarela
Mércores 08 de marzo: Os
alumnos do IES Xelmirez II atenderán outra cuestión
importante relacionada coa uso sostible da auga. Os alumnos e
alumnas deste centro coñecerán o ciclo da auga
da cidade de Compostela, mediante duas visitas. As dez da mañá
sairán para a ETAP e logo de ver como se capta a auga que
abastece a cidade visitarán, contra as doce da mañá,
a EDAR na que poderán comprobar como se depuran as augas
residuais.
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|