|
*Aprender
para Educar Lugo '06
Redacción
03 de marzo 2006
A Asociación Socio-Pedagóxica
Galega é a Concellaría de Educación do
Concello de Lugo
organizan
a Terceira
Edición do Programa Aprender para Educar,
programa de formación dirixida ás familias en
definitiva aos pais e as nais do Concello de Lugo.
Esta
aula de formación pretende ser un punto de encontro e
reunión de todas aquelas persoas interesadas na educación
dos seus fillos e fillas porque ninguén pon hoxe en
discusión que a familia constitúe o primeiro
contexto de de socialización.
Esta
aula de formación levarase a cabo os días 7, 9,
14 e 16 de marzo ás 20:00 horas no Centro
Socio-Cultural Uxio Novoneyra:
ØMartes
7 de marzo; O papel da familia na prevención do
consumo de drogas, mitos e realidades. José María
Garcia Janeiro, psicólogo
ØXoves
9 de marzo; Educación afectivo sexual. Cristina
Lerma Rei. Licenciada en Filosofía e Ciencias da Educación.
Ensinante
ØMartes
14 de marzo; As novas estruturas familiares. Carme
Garrido Fariña, psicóloga.
ØXoves
16 de marzo; Coeducación, materia pendente.
Jorge Garcia Marín. Profesor de Socioloxía da
Educación e socioloxía dos roles de Xénero na
Facultade de Ciencias da Educación
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|