|
Publicidade Contacto Novas Internacional Anteriores Opinión Foro Arquivo Ligazóns
|
*Brinquedia
convoca a Mesa dos Birlos
Redacción
03 de marzo 2006
Brinquedia -
Rede Galega do Xogo Tradicional xunto coa Federación
Galega de Bolos ven de convocar a creación da Mesa
dos Birlos para vindeiro sábado 4 de marzo no
concello pontevedrés de Nigrán. Esta convocatória
ten como obxectivo reunir ás
distintas modalidades do xogo dos Birlos/Bolos existentes
ao longo do país e prantexar, nun foro aberto, distintas
propostas para a promoción e dinamización deste
xogo/deporte tradicional.
Están
convocadas entidades –ademáis de distintos pontos do
Val Miñor- de Xove, Burela, Ribadeo, (A Órrea)
Riotorto, Viana do Bolo e Quiroga; así como todos aqueles
colectivos interesados ou que estén desenvolvendo
actividades relacionadas con esta prática lúdica.
A
xuntanza, que coincide co início da Liga de Bolos Celtas
(competición desenvolvida na bisbarra do Val Miñor e
Baixo Miño), asistirá a Delegada da Consellaría
de Cultura e Deportes de Pontevedra, Marta Souto.
O
lugar de celebración da Mesa dos Birlos será o
Local Social e Campo de Birlos da Asociación Cultural de
A CARRASCA, en Nigrán (Pontevedra), con
arranxo ao seguinte programa:
11.30 h.-
Creación da Mesa dos Birlos 13.00 h.-
Exibición das distintas modalidades 16.00 h.-
Partido inicial da Liga de Bolos do Baixo Miño e Valmiñor
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|