ArroutadaNoticias.com!, as novas galegas na rede

Arroutada Internacional

Publicidade
Contacto

Novas
Internacional
Anteriores
Opinión
Foro
Arquivo
Ligazóns


*Hoxe comeza a XV Feira do Libro da Habana. Por primeira vez as editoriais galegas estarán no evento.


Redacción 03 de febreiro 2006 Novamente a antiga Fortaleza San Carlos de la Cabaña acolle a gran festa do libro en Cuba que este ano conta con delegacións de 500 editoriais, fundamentalmente de Europa e Latinoamérica que acoden a presentar libros e protagonizar encontros literarios e académicos. 400 personalidades de 30 países daranse cita na capital cubana entre o 3 e o 12 de febreiro

A presenza galega farase sentir coa montaxe dun stand onde persoal da Consellería de Cultura promoverá á industria do libro do territorio. Como parte da delegación galega estarán o presidente da Asociación de Editores, Miguel Anxo Fernán-Vello, e polos escritores Neira Vilas e Anisia Miranda.

Venezuela é a invitada de honra desta XV edición da Feira Internacional polo que xa se atopan na Habana 90 personalidades e 60 editoriais cun millón de libros. Representantes venezuelanos tamén estarán nas actuacións teatrais e danzarias que forman parte do amplo programa artístico colateral ás actividades literarias.

Ao concluír o 12 de febreiro a feira habanera comezará a súa repetición en todas as provincias da illa onde as súas actividades se estenderan até o cinco de marzo. Esta alternativa permite un acceso nacional a valiosas coleccións da literatura cubana e internacional e consolida á feira do libro como o acontecemento cultural máis importante entre os cubanos.

Visita o sitio web da Feira premendo aqui.

Foto: Unión de Periodistas de Cuba.

Voltar a ArroutadaInternacional

Ir a Novas

Ver anteriores