GaliciaBannerGaliciaBanner
ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Novas

Publicidade
Contacto
Novas
Internacional
Anteriores
Opinión
Foros
Arquivo
Ligazóns

*ArroutadaNoticias.com pecha o mes de outubro con perto de 13.000 visitas

Redacción 02 de novembro de 2006 ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede, pecha este mes de outubro con perto de 13.000 visitas o que supón 10 veces máis que en outubro de 2005. Este dato ven a confirmar a boa marcha do portal de novas que nos últimos meses incrementou de xeito notábel as visitas.

En canto a visitantes distintos a cifra quedase en 4.500 fronte aos 750 de outubro de 2005. A sección con maior número de accesos é o foro seguida polas de opinión e internacional. A nova de outubro con máis accesos foi a titulada *Autónomos En Liña (On Line): os Autónomos Galegos en Internet, do mesmo xeito que as mellores empresas do mundo.

Internet Explorer vai perdendo peso en canto a navegador escollido para visitar ArroutadaNoticais.com, e pasa do case 80% en outubro de 2005 ao 70% en outubro de 2006, pola contra a principal alternativa ao IE o navegador de código aberto FireFox pasa dun 16 a un 21%.

Este aumento de visitas garante a continuidade dun proxecto que pouco a pouco vai collendo forma cando se achega o segundo aniversario do seu lanzamanto.

Voltar a novas

Ver anteriores